O Concello da Coruña abrirá en breve o período de exposición do anteproxecto de renovación de Nostián

Durante un mes, sectores e axentes implicados do tratamento de residuos poderán facer as súas achegas.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/01/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña abrirá de "forma inminente" o período de exposición pública do anteproxecto de renovación da planta de tratamento de residuos de Nostián, segundo informa o goberno local. En concreto, o prazo comezará a contar a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), "o que previsiblemente ocorrerá esta semana", apunta.

22 05 19 Nota Nostián. CONCELLO DA CoruÑA
22 05 19 Nota Nostián. CONCELLO DA CoruÑA | Fonte: Europa Press

Con esta actuación, asegura que se busca "aumentar a sustentabilidade ambiental, económica e social da planta". Durante un mes, sectores e axentes implicados do tratamento de residuos poderán realizar as súas achegas.

O obxectivo é que os trámites de licitación da concesión para a xestión da instalación poidan iniciarse na primeira metade do ano, apunta a Concellaría de Medio Ambiente. Para tratar esta cuestión, o seu responsable, María García, mantivo este martes unha reunión co comité de empresa da planta "co que o goberno local traballará de forma conxunta pra elaborar unhas cláusulas sociais e económicas que garantan a estabilidade laboral", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta