Condenados a traballos sociais dúas persoas que traficaban con metanfetamina

Os dous procesados non teñen antecedentes penais polo que chegaron a un acordo de conformidade coa Fiscalía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dous veciños de Catoira que trapicheaban con metanfetamina a unha pena de tres anos de prisión e multa ao recoñecer a comisión dun delito de tráfico de drogas, aínda que se librarán do cárcere a cambio de realizar traballos sociais.

Xulgados
Xulgados

Os acusados dispuñan no seu domicilio de 422 comprimidos de metanfetamina e MDMA valorados nuns 2.600 euros, así como uns 55 gramos de marihuana. Unhas cantidades, que segundo o Ministerio Fiscal, superan ata 20 veces máis o permitido para o autoconsumo, polo que conclúe que estaban destinadas á súa venda a terceiros.

Os procesados, que carecen de antecedentes penais, chegaron a un acordo de conformidade coa Fiscalía polo que se confesaron autores dos feitos a cambio de rebaixar os 4 anos de prisión e 6.000 euros de multa que se solicitaba inicialmente o representante do Ministerio Público.

O tribunal acordou a suspensión da pena privativa de liberdade coa condición de que ambos se sometan a un tratamento de desintoxicación de drogas e a que realicen traballos en beneficio da comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta