Bildu "respecta" a posición do BNG de pecharlle a porta a Anova e ERC evita pronunciarse

"O meu maior respecto a proposta do BNG" di o candidato de Bildu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Os socios do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na coalición para as eleccións europeas, EH Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) tamén se pronunciaron sobre o veto do Bloque a que Anova poida formar parte desta candidatura, pero non aclararon se están totalmente en contra, especialmente, ERC, con que Beiras mantén moi boas relacións.

Presentación da candidatura de BNG, ERC e EH Bldu para as europeas. BNG
Presentación da candidatura de BNG, ERC e EH Bldu para as europeas. BNG | Fonte: Europa Press

"Respectamos a posición do BNG", sinalou o candidato de EH Bildu, Josu Juaristi, durante a presentación da candidatura 'Agora Repúblicas', celebrada este venres en Santiago de Compostela.

Tras o rexeitamento expresado o pasado xoves pola líder frontista, Ana Pontón, ao ofrecemento efectuado polo histórico dirixente nacionalista e referente de Anova, Xosé Manuel Beiras; vascos e cataláns evitaron confirmar se pechan definitivamente a porta á incorporación de Anova, partido xurdido tras a ruptura do BNG en 2012.

O pasado mércores, na súa reaparición pública logo de meses de silencio, Xosé Manuel Beiras -líder do BNG durante dúas décadas- abrazaba a proposta efectuada polo coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, na que apostou por crear unha alianza para as xerais que fora "do PNV á CUP".

Beiras manifestou o seu agrado pola proposición e chamou a iniciar conversas para a incorporación de Anova na candidatura das forzas independentistas vascas, catalás e galegas para as eleciones europeas do 26 de maio. Porén, Pontón pechaba a porta o pasado xoves nunhas declaracións nas que pediu "seriedade" a Beiras, xa que, segundo a líder frontista, non existe ningunha proposta sobre a mesa.

A postura do Bloque foi apoiada polos seus socios na candidatura. Josu Juaristi matizaba que, coa súa proposta, Arnaldo Otegi non pretendía "inmiscirse nas cuestións de Galicia". "O meu maior respecto á posición de Bloque", engadiu o político vasco. Pola súa banda, a representante de ERC no acto, Diana Riba, non quixo intervir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para chamarse Agora Repúblicas ... seica nesas repúblicas non caben todos...? Se algo é o republicanismo é que a cousa pública é de todos e para todas... (aquí xa hai números clausus!) Mal Rollo !!! https://i.gal/gamela15