O proxecto educativo Abalar da Xunta contará con realidade aumentada e intelixencia artificial

O profesorado realizará a proposta de contidos e definirá os obxectivos, competencias, esquemas e materiais adicionais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2019 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar, impulsado pola Xunta, contará con novos recursos educativos para os que se empregarán tecnoloxías como a realidade aumentada, a gamificación ou a intelixencia artificial.

Reunión celebrada na Cidade da Cultura. XUNTA DE GALICIA
Reunión celebrada na Cidade da Cultura. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Esta semana quedou constituído o grupo de traballo co que a Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) prevén a creación de contidos educativos dixitais.

O equipo multidisciplinar abordará a xeración de contidos dixitais aproveitando capacidades técnicas presentes en Galicia e conforme ás necesidades e coñecementos do profesorado galego. Así, o profesorado realizará a proposta de contidos (materia, curso, unidade didáctica e metodoloxía pedagóxica), e definirá os obxectivos, competencias, esquemas e materiais adicionais.

Sobre esta base as empresas TIC e do audiovisual implicadas elaborarán recursos aplicando as tecnoloxías máis innovadoras: realidade aumentada, realidade virtual, simulación, gamificación, intelixencia artificial, aprendizaxe personalizada e adaptativa...

A previsión é que antes de que finalice o curso o propio profesorado do grupo de traballo xa empregue os contidos na súa aula, para probar o valor pedagóxico. Unha vez avaliados, serán distribuídos á comunidade educativa.

Ademais das 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, e os máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes e integrados na plataforma do libro dixital, neste curso sumáronse as unidades, os recursos complementarios e o acceso ao banco de contidos do Editorial Planeta, e de Inglés da Editorial Pearson.

XUNTANZA

A Cidade da Cultura acolleu a reunión esta semana, na que participaron a directora da Amtega, Mar Pereira, o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación delprofesorado, Iván Mira, o director xeral de Everis de Asturias e Galicia, Jesús Lage, e o director xeral de R en Galicia, Alfredo Ramos, xunto cunha decena de profesores de diferentes materias e centros educativos galegos.

Adicionalmente, puxéronse en marcha novos contidos dixitais personalizados (Smart) do provedor Netex Learning. O uso destes novos contidos, tanto dos novos provedores incorporados, como dos contidos Smart, xa alcanza a un 35% dos usuarios do proxecto, a pesar de atoparse no primero ano de uso dentro do proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta