Venezuela, a democracia non é un problema, é o diñeiro

Asistimos a un esperpéntico espectáculo de antidemocracia no que participan os países que se autoproclaman como os mais democráticos do mundo, e quizais polo costume de autoproclamarse é polo que lles parece normal que Guaidó se autoproclame presidente de Venezuela. Pero, cal é o problema real?, a democracia?.

Por Carlos González Armada | Vigo | 30/01/2019

Comparte esta noticia
Non queridos lectores, o problema real é o diñeiro, e o é porque só fai falta facer uns números, e recoller feitos do pasado, e observaremos cal é o factor determinante da crise do país caribeño
 
De momento todos os países nos que interviu dunha forma feroz EEUU foron países con algún recurso que intersaba ao xigante americano. Siria, Iraq, Libia, Ucraína, agora Venezuela. En Arabia Saudita cométense atrocidades contra a poboación e os DDHH pero non se intervén, Israel comete atrocidades contra o pobo palestino e non se intervén…en Iemen hai preto de 14 millóns de habitantes que están a morrer de fame, literalmente, e cada 10 minutos morre un neno, pero non só non se intervén, é que nin se fala diso nos medios de comunicación, o motivo é que os culpables principais desta miseria son EEUU e Arabia Saudita
 
Venezuela vende 400.000 barrís de petróleo ao día a EEUU, a uns 60 dólares o barril son 24.000.000 de dólares ao dia, 720.000.000 de dólares ao mes, pero é que Venezuela produce 1.000.000 de barrís ao día, polo que se  EEUU faise coa produción dese petróleo ou coloca a un monicreque que lle favoreza, estariamos a falar de 60.000.000 ao  dia, e se seguimos revisando os datos un pouco máis aló, veremos que Venezuela produce ese 1.000.000 pola falta de recursos actuais, non fai moito producía 3.000.000 de barrís ao día, o que significarían 180.000.000 millóns de dólares ao día….fagan vostedes contas
 
Pero se quixésemos saber máis debemos de saber que Venezuela importa a práctica totalidade das medicinas, e produtos alimenticios do exterior. Venezuela importa alimentos desde Brasil, Colombia e México porque o goberno cometeu un erro estratéxico – económico hai anos, deixou de cultivar as súas fértiles terras e baseou toda a sua riqueza no petróleo, tentou que os campesiños deixasen de selo para ser persoas con máis capacidade adquisitiva con outros traballos máis rendibles para eles, e quedou na absoluta dependencia do ouro negro.
 
O barril vendíase a 150 dólares a unidade, e Venezuela producía 3.000.000 de barrís, polo que iniciaba cada dia con 450.000.000 de dólares encima da mesa. Cando o prezo cae á terceira parte, 50 dólares por barril, e Venezuela perde capacidade de produción e pasa a 1.000.000 de barrís diarias, o que queda é 50.000.000 de dólares ao día…comparen, de 450 millóns diarios a 50 millóns diarios, e sen produción agrícola…agora unamos a iso que dese millón de produción 400.000 barrís son para EEUU, e teremos que se EEUU quere, (e así o fai), colapsa a capacidade económica do país caribeño posto que o que eles deben pagar é o 40% do total de ingresos que sosteñen a Venezuela
 
O problema reduciríase a que a comunidade internacional, comezando por EEUU, inxectase capital con garantías de que este fose parar a mans das clases empobrecidas, para solucionar o problema real de axuda humanitaria que necesita o país, e non unha intervención de bloqueo económico que a quen está afectando é precisamente a ese pobo ao que din querer salvar coas devanditas sancións e guerra económica atual
 
O anterior é impensable porque o que en realidade quere o gran capital de EEUU é facerse co control deses case 3.000.000 de barrís potenciais que podería producir Venezuela, non só por aforrarse o diñeiro que supoñería compralos, senón porque nunca poderían comprar a súa totalidade, e porque se tivesen o control aforraríanse gastar do seu consumo interno. Isto vai de quedar co petróleo que cada vez é un ben máis escaso, e o que o controle nun futuro moi próximo terá o poder sobre o resto de potencias, demonos conta que agora a gran potencia mundial xa non é EEUU, senón China…ou polo menos comparten potencial
 
Se lemos o artigo 233 da constitución venezolana, en base á o que Guaidó di aterse, veremos que a súa acción é anticonstitucional, porque só podería tomar o cargo como presidente da asemblea nacional se o posto de presidente da nación estivese vacante por algún motivo dos alí estipulados, e o caso é que non está vacante o posto, por tanto a actuación é antidemocrática e é inaceptable que países demócratas apoien este tipo de accións….pero EEUU está determinado a facerse co control do petróleo, e cren que agora se dan as circunstancias de  hartazgo do pobo, despois de anos de bloqueo económico, para que “calquera” que decida autoproclamarse presidente cun minimo de argumentación sexa aceptado internacionalmente, e por iso colocan a Guaidó
 
O artigo 233 di o que segue: “serán faltas absolutas do Presidente ou Presidenta da República a súa morte, a súa renuncia, ou a súa destitución decretada por sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza; a súa incapacidade física ou mental permanente certificada por unha xunta médica designada polo Tribunal Supremo de Xustiza e con aprobación da Asemblea Nacional; o abandono do cargo, declarado como tal pola Asemblea Nacional, así como a revogación popular do seu mandato. Cando se produza a falta absoluta do Presidente electo ou Presidenta electa antes de tomar posesión, procederase a unha nova elección universal, directa e secreta dentro dos trinta días consecutivos seguintes…….”
 
Por tanto non existe un problema democrático, existe un problema económico, e é un problema provocado  externamente, é un problema labrado durante anos, e que foi agravado pola incompetencia do goberno de Maduro, que é certo que é un mal presidente, que si é certo que non está o capacitado que necesita o seu país para estar no cargo presidencial, pero que iso sexa certo non significa que desde a comunidade internacional poida provocarse un “golpe de estado” para colocar ao que máis interesa, porque isto é moi perigoso, isto significase que calquera país estará exposto a que por intereses de terceiros si se argumenta que no poden resolver os seus problemas internos teñan que ser intervidos….onde quedará a democracia enton?

Protestas en Venezuela contra Nicolás Maduro
Protestas en Venezuela contra Nicolás Maduro | Fonte: El Universal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA