A Xunta asegura que en Galicia non existen "vertedoiros incontrolados"

A Consellería de Medio Ambiente suliña hai que diferenciar "vertedoiros" de "puntos de vertedura" porque "alguén tira algo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Cruz Ferreira, asegurou que en Galicia non existen "vertedoiros incontrolados" senón unicamente "puntos de vertedura incontrolados" e remarcou que resulta "imposible" que unha iniciativa de recuperación de minas "oculte" a instalación dunha planta de tratamento de residuos.

Durante a presentación do Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2021, Cruz Ferreira, en resposta aos medios de comunicación, insistiu en diferenciar "vertedoiros" de "puntos de vertedura", e foi contundente ao afirmar que "en Galicia non existen vertedoiros incontrolados, só controlados", porque o único que pode haber "son puntos de vertedura de alguén que tira algo".

"Abrir un vertedoiro son palabras maiores, é unha actividade industrial sometida a balances, impermeabilización de chans... é unha gran empresa, sometida aos máximos parámetros de calidade e control, non é un punto incontrolado que pode existir en calquera concello 'x'", argumentou.

Vertedoiro no municipio de Culleredo (A Coruña)
Vertedoiro no municipio de Culleredo (A Coruña)

Con todo, este mesmo mércores a Xunta anunciou que impuxo preto de 3.700 sancións a empresas por incumprimentos medio ambientais nos últimos 5 anos.

PLANTAS DE TRATAMENTOS DE RESIDUOS PERIGOSOS

Neste sentido, Cruz Ferreira incidiu en que en Galicia só existe unha planta de tratamentos de residuos perigosos, Sogarisa, porque o resto se dedican a tratar os que non teñen carácter perigoso. Realízanse "moitísimas inspeccións", pero aínda así admite que algúns "traballan máis eficazmente e outros teñen sancións".

Pero a directora xeral tamén quixo aclarar en que unha canteira non é un chan contaminado, senón simplemente "un chan que se ten que restaurar, pode estar contaminado ou non". E no proceso de restauración das minas, pode "haber moitísimos proxectos", de "tratamento de residuos, de turismo industrial, mineiro..."

Preguntada polas críticas de colectivos cidadáns ante distintos proxectos de restauración de concas mineiras --en alusión a casos como o de Miramontes ou Casalonga--, a directora xeral de Calidade Ambienal recalcou que "é imposible vir abrir un vertedoiro sen dicir que o vas a abrir".

"Non podes abrir unha actividade para a que non tes permiso, que pode haber empresas que nun futuro queiran presentar este tipo de proxectos, poida que si, evidentemente, haberá empresas que queiran presentar este tipo de proxectos pero agora mesmo é absolutamente imposible que unha empresa veña a presentar un proxecto escondendo outro", resaltou.

No entanto, non pechou a porta a que as empresas opten por realizar unha planta de tratamento de residuos para este tipo de canteiras, aínda que "terá que vir explicado". "Non queiramos ver fantasmas onde non os hai", concluíu, "xamais vai haber un proxecto escondido".

En setembro do pasado ano 2018 a Consellería de Medio Ambiente xa arquivara o procedemento de tramitación ambiental sobre o proxecto da planta de residuos solicitado para a antiga mina de Casalonga, situada no municipio coruñés de Teo.

ELIMINACIÓN PUNTO VERTIDO EN FOLGOSO DO COUREL

Precisamente, a Consellería de Medio Ambiente informou que comezou este mércores os traballos para a eliminación de varios puntos de vertedura incontrolada (PVI) no Concello de Folgoso do Courel (Lugo), cun custo estimado de case 10.000 euros.

O departamento autonómico destacou que esta nova actuación forma parte dunha "campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van acumulando residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que isto ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético".

Os puntos sobre os que se vai a intervir localízanse nos lugares de Mostaz e Santa Eufemia. Os traballos consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nestas zonas e que, a primeira vista e sen prexuízo do que se poida atopar conforme avance a actuación, consisten basicamente en residuos procedentes de traballos de construción e demolición.

Así mesmo, tamén se traballará na revexetación dos chans mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Coa limpeza dos "puntos de vertedura incontrolada perséguese minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados por estes focos, logrando a integración do lugar coa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares".

A Consellería de Medio Ambiente previu destinar durante o presente exercicio un total de 1,5 millóns de euros para continuar co esforzo de eliminar puntos de vertedura incontrolada e recuperar os espazos naturais degradados, especialmente aqueles que se atopan en zonas protexidas dentro da Rede Natura.

Presunto vertedoiro ilegal en Maside, Ourense
Presunto vertedoiro ilegal en Maside, Ourense | Fonte: Plataforma Masidá
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta