Localizada sa e salva a muller de 85 anos con alzhéimer desaparecida en Avión

Felicita Estévez Domínguez permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Carballiño (Ourense) localizou á muller de 85 anos Felicita Estévez Domínguez que permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo, 3 de febreiro.

Localizada unha pctogenaria desaparecida en avión (Ourense).. REMITIDA.
Localizada unha pctogenaria desaparecida en avión (Ourense).. REMITIDA. | Fonte: Europa Press

O grupo de emerxencia supramunicipal (GES) de Avión informara na mañá deste luns da desaparición da anciá no lugar de Baresmo, municipio de Avión (Ourense).

Segundo sinalaron fontes da Benemérita, a señora, orixinaria de Albarellos —parroquia do concello ourensán de Monterrei— padece a enfermidade de Alzheimer.

A octoxenaria estaba desorientada e foi atopada ao mediodía xunto ao encoro de Albarellos e trasladada en ambulancia a un centro de saúde para comprobar o seu estado de saúde tras pasar a noite fóra de casa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta