A Xunta investirá en cámaras para vixiar os xulgados no canto de avanzar no seu colapso

A introdución dos novos sistemas de vixilancia produciranse primeiro nas cidades e edificios dos partidos xudiciais de catro ou tres órganos xudiciais das localidades con maior poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, avanzou a posta en marcha dun plan para reforzar a seguridade nos xulgados de Galicia, onde se renovarán os sistemas de videovixilancia e a dotación de efectivos naqueles partidos xudiciais con maior número de órganos.

Martín respondeu a unha pregunta efectuada polo Grupo Popular durante a celebración este mércores da Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia.  Alí, o responsable de xustiza do Goberno galego indicou que o plan fixa un período de tres anos nos que se abordarán investimentos para renovar os sistemas de seguridade dos edificios xudiciais.

Deste xeito, a primeira medida consistirá na renovación dos circuítos pechados de televisión (CCTV), cámaras e a súa interconexión. A continuación, cambiaranse os escáneres e arcos detectores de metais.

Todas estas renovacións produciranse primeiro nas cidades e edificios dos partidos xudiciais de catro ou tres órganos xudiciais das localidades con maior poboación, para logo estenderse a todas as dependencias xudiciais de Galicia.

Así mesmo, Juan José Martín lembrou que a Xunta e o Ministerio do Interior asinan un convenio desde o ano 2006 para "garantir" a seguridade dos órganos xudiciais a través de efectivos da Policía Nacional e a Garda Civil.

Estes axentes deben contar cun mínimo de 25 anos efectivos de servizo activo no caso da Policía Nacional e, para o persoal da Garda Civil, deberán ser voluntarios para prestar este servizo. Así, un total de 203 axentes da Policía Nacional e da Benemérita velan pola seguridade nos edificios xudiciais de Galicia. Un dispositivo para o que a Xunta, segundo concretou Martín, desembolsa 1,5 millóns de euros ao ano.

Por último, o director xeral de Xustiza instou ao Goberno central a "cumprir" co convenio asinado "tanto no abono dos salarios pendentes como na cobertura das prazas vacantes" dos efectivos das forzas da orde que desempeñan a súa tarefa nos edificios xudiciais de Galicia.

Cámara de videovixilancia
Cámara de videovixilancia | Fonte: gruporodych.wordpress.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Minhamamainhadoceo

«A continuación, cambiaranse os escáneres e arcos detectores de metais.» Que escáneres? Que detectores de metais? Como se vai cambiar algo que non existe? O que hai que cambiar é o Goberno da Xunta, que non saben onde teñen a man dereita.