Poderanse cobrar os 4.300 millóns de euros dos danos do Prestige?

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña pide que se execute a sentenza.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/02/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña iniciou a execución da sentenza do Prestige tras recibir tanto o fallo como un auto de aclaración do Tribunal Supremo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A sala, co maxistrado Alejandro Morán Llordén como relator, dá un prazo de vinte días ás partes para que cumpran de maneira voluntaria a sentenza, tal e como establece o artigo 548 da Ley de Enjuiciamiento Civil.

Así, na providencia notificada este mércores, requírese ao capitán do buque, Apostolos Mangouras, para que pague "voluntariamente o principal da súa responsabilidade civil máis un 30% adicional do cálculo prudencial de intereses e costas".

Ante a "previsible insuficiencia de bens do responsable principal", o tribunal realiza o mesmo requirimento á propietaria do barco, Mare Shipping, como responsable civil subsidiaria. A providencia para executar o fallo tamén foi notificada á aseguradora The London Owners Mutual Insuranse Association para que pague voluntariamente "ata o límite da póliza subscrita".

Tamén o fai ao Fondo Internacional de Indemnización de Danos Debidos a Contaminación por Hidrocarburos (Fidac) para que no mesmo prazo de vinte días abone "a cantidade correspondente aos límites establecidos no convenio que o regula, descontadas as sumas xa pagas". Contra a resolución, cabe interpor recurso de súplica no prazo de tres días.

Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

Con todo, ao non existir responsabilidade penal algunha por parte dos acusados, ninguén ten que asumir a responsabilidade civil; e non existe un responsable civil a quen pedir o pago dos danos da catástrofe, uns 4300 millóns de euros. Aúnica indemnización que se pagou foron os 171 millóns que lle correspondían aos afectados do Fondo Internacional de Indemnización de Danos debido á Contaminación por Hidrocarburos, así como os 22 millóns de euros que depositou a aseguradora do barco como fianza civil antes do xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta