Os grupos do PSdeG, o BNG e Compostela Aberta apoiaron, cos seus votos, senllas mocións no pleno celebrado este luns no consistorio de Santiago de Compostela nas que denunciaron a xestión da Xunta cos pélets e tamén a política autonómica en materia sanitaria.
  comenta   0
É ben coñecida a frase de Carlos Marx contida no inicio da obra "O 18 Brumario de Luis Bonaparte": "A historia ocorre dúas veces: a primeira vez como unha grande traxedia e a segunda como unha miserábel farsa".
  comenta   0
O presidente insiste na trama do "bulos" creado pola oposición a través de perfís falsos nas redes sociais. Destaca a "legalidade" nas contratacións do persoal para a limpeza e coordinación dos areais pero non concreta o tratamento que se lle está dando aos residuos.
  comenta   0
Eurodeputados piden reforzar normas UE para evitar verteduras de pélets. O debate sobre a utilización política desta crise tamén se traslada a Bruxelas.
  comenta   0
Nos primeiros momentos do accidente do Prestige o Goberno central ordenou "mandar el barco al quinto pino", mentres se criticaba a actuación do capitán do barco e aos países propietarios do mesmo. No caso da crise dos granulados, a reacción das administracións foi semellante e actuaron case un mes despois.
  comenta   0
A crise dos 'pélets', ou dos plásticos, está deixando frases para a historia. Frases que lembran, e moito o acontecido durante a catástrofe do Prestige. Galicia Confidencial recompila as principais declaracións de dirixentes políticos e sociais dos últimos días e a súa semellanza co acontecido hai máis de 20 anos.
  comenta   0
Óscar Puente asegura non "tomar en serio" á Xunta porque ten os medios "e non os usa". Ribera di que o Goberno galego pide ata tres veces máis do que pediu no Prestige. Podemos di que verá á Xunta nos xulgados.
  comenta   2
Acompañado polo conselleiro do Mar, Daniel Castro, dixo que o Prestige foi o "mellor paro biolóxico da historia". Da xestión que o PP fixo entón ten dito que "nin foi boa nin mala" e que "á xente pagóuselle cada 15 días, e iso fíxose ben". Lembramos as polémicas declaracións que ten feito nos últimos meses.
  comenta   1
Coma aconteceu no Prestige, as administracións tentan desviar o foco da atención culpándose unhas a outras. A Xunta di que non fora informada e o Goberno central insiste en que xa sabía da magnitude do problema desde o 20 de decembro.
  comenta   0
Aínda que a Xunta afirma que hai profesionais traballando nos areais, cando un se achega ata eles o único que se atopa é a xente do común que fai o que pode. Por iso, estes voluntarios tratarán de alzar a voz para que non se lle reste importancia a un asunto que xa recorda a moitos o acontecido co Prestige.
  comenta   0
Ana Miranda reivindica a aprobación este mércores na Comisión de Pesca da Eurocámara dun informe que vén modificar a Directiva 2009/21/CE, co obxectivo de restrinxir os buques de pavillón de conveniencia, barcos rexistrados nun país diferente ao do propietario.
  comenta   0
o dirixente socialista lembrou que a marea negra provocada polo afundimento do petroleiro "mobilizou a toda Galicia", unha cuestión que "ninguén discute 21 anos despois".
  comenta   0
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo na Eurocámara, no marco da Comisión de Pesca celebrada este luns, o reforzo da seguridade marítima internacional polos problemas que supoñen as bandeiras de coveniencia de buques como o Prestige.
  comenta   0
En 2022 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) ditaminou que a sentenza española prevalece sobre a arbitraxe británica no caso que enfronta a España coa aseguradora de Prestige, e, por tanto, estaría obrigada a pagar a compensación polos danos da marea negra.
  comenta   0
Os actos comezarán este mércores coa exposición 'Nunca Máis: Vinte anos despois' no Museo Pedagóxico da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense.
  comenta   0
ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia lembran a importancia de Galicia como lugar de paso de numerosas aves xa que está nun dos embudes de paso do Atlántico denominado “East Atlantic Flyway”, a ruta migratoria das aves que dúas veces ao ano voan desde o oeste de África ao norte de Europa e áreas próximas.
  comenta   0
Remitiu un documento ao Goberno central, coincidindo co 20 aniversario da manifestación en Santiago en contra da catástrofe do Prestige, sobre "os asuntos pendentes, aínda sen resolver, e os temas importantes para que outro Prestige non sexa posible"
  comenta   0
A conmemoración da traxedia do Prestige orixinou un conxunto de análises, debates e achegas que serviron para lembrar a transcendencia do sucedido e sinalar a necesidade de promover políticas preventivas ante unha eventual repetición de algo parecido.
  comenta   0
Os aniversarios permiten mirar atrás e vernos cos ollos daquela.
  comenta   0
"Sen o voluntariado, sen as xentes do mar, sen Nunca Máis, non sabemos o que tería acontecido. É xusto que non o esquezamos
  comenta   0
Víctor Dios é bateeiro na ría de Arousa. Sen querelo, o seu rostro fíxose recoñecible durante a crise do “Prestige”. Con toda a coraxe que levaba dentro enfrontouse ao presidente da Deputación da Coruña naquel momento, José Luis Torres Colomer. A actitude deste último fixo que a Víctor lle saíse “todo de dentro” e xunto con máis mariñeiros increparon e recriminaron ao presidente provincial a falta de medios para frear a chegada do chapapote ás bateas de mexillón.
  comenta   2
"Estou convencido de que --Xosé Cuíña-- somatizou moita dor de todo o que lle causou esta circunstancia. Non o digo en termos científicos, senón o que vimos moitos na familia, que o que lle fixeran era unha inxusticia e entón todo aquel mundo que creara durante anos, desmoronouse", asegura o fillo de quen era chamado a ser o sucesor natural de Manuel Fraga e que foi defenestrado por Madrid.
  comenta   5
Un informe realizado polo Goberno de Madrid en plena crise do Prestige fala dun Faga superado "físicamente" e "dun proceso de sucesión tardío y mal controlado" sobre a división interna entre os da boina, representados porXosé Cuíña, e os do birrete, representados por Romay Beccaría. E dá consellos de como o PP de Madrid ten que tomar o poder no PP de Galicia.
  comenta   0
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, rexeitou que sexa "necesaria" unha institución como a que houbo, inicialmente, na Coruña tras a catástrofe do Prestige
  comenta   0
"Non temos datos abondo hoxe en día para entender cal foi a restauración posterior á castástrofe", di a investigadora que acaba de entrar na Real Academia Galega das Ciencias.
  comenta   0