Os premios TIC Galicia convocan máis de 50 proxectos para competir

En total participarán trinta e sete entidades que presentaron cincuenta e seis candidaturas dentro das diferentes categorías.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2019 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Un total de 56 proxectos do sector das tecnoloxías da información e comunicación galego competirán nos premios TIC Galicia, impulsados polo Clúster TIC, en colaboración con Laconnetwork.

Segundo informa a organización, os gañadores daranse a coñecer este xoves, ás 19,00 horas, nunha gala que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco).

Un total de 37 entidades presentaron 56 candidaturas ao nove categorías en competición dos premios, todas elas vinculadas á difusión do valor da tecnoloxía.

Tecnoloxías da comunicación
Tecnoloxías da comunicación | Fonte: Comisión Europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta