Temas: SANIDADE FOLGA 061

O 061 di que máis de 30 ambulancias foron picadas nos dous primeiros días de folga

Os sindicatos protagonizaron concentracións ante diversos hospitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O 061 contabilizou máis dunha trintena de ambulancias picadas ata as 12,30 horas deste sábado, na que é a segunda xornada de folga de traballadores do sector. Os sindicatos, pola súa banda, protagonizaron concentracións ante diversos hospitais da comunidade.

Folga de ambulancias. REMITIDA
Folga de ambulancias. REMITIDA | Fonte: Europa Press

De acordo cos datos recompilados pola Xunta, entre as 00,00 horas do venres 8, cando arrincou o paro, ata as 20,00 horas, foron rexistrados un total de 23 picadas, así como pintadas en cinco ambulancias.

Desde as 20,30 horas do venres e ata as 9,00 horas deste sábado, ao 061 cónstanlle rodas picadas nas ambulancias con base en Silleda, Redondela, Muros e Ponteareas.

Desde entón e ata as 12,30 horas, sinala que se picaron as rodas das ambulancias con base en Cangas, Carballo, Silleda, Redondela e Melide.

Respecto diso, mostrou a súa firme condena a este tipo de "sabotaxes e actos vandálicos", e subliña que traballan "para garantir o servizo" e "seguir tentando dar a mellor atención asistencial".

Pola súa banda, os sindicatos desenvolveron actos de protesta este sábado en varios hospitais comarcais, como o do Barbanza e O Salnés.

O portavoz da CIG, Inacio Pavón, explicou que durante a fin de semana hai normalmente menos persoal traballando posto que as quendas son "máis pequenas".

Así, cifrou de novo nun 100% o seguimento (os servizos mínimos son do 100%) nunha folga que cualificou como "moi sentida" entre os traballadores. Este domingo, mentres, trasladaranse a Santiago para secundar a manifestación en defensa da sanidade pública.

Temas: SANIDADE FOLGA 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta