En Marea e PSdeG celebran as enquisas das municipais, malia o ascenso da ultradereita

Para Luís Villares, as sondaxes demostran "a consolidación do espazo político das Mareas como actor progresista de cambio en Galicia", pese ao retroceso que rexistrarían na Coruña Santiago e Ferrol. Gonzalo Caballero acolle con alegría o ascenso que se outorga aos socialistas. O BNG móstrase cauto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Os líderes dos partidos da oposición en Galicia valoraron de forma dispar os resultados da enquisa de Sondaxe publicada este domingo, aínda que tanto desde En Marea como desde o Partido Socialista se coincidiu en destacar o retroceso do PP, que se produce a conta do ascenso da ultradereita que representa Vox.

El secretario xeral del PSdeG, Gonzalo Caballero, en rueda de prensa
El secretario xeral del PSdeG, Gonzalo Caballero, en rueda de prensa

Para Luís Villares (En Marea), a enquisa demostra "a consolidación do espazo político das Mareas como actor progresista de cambio en Galicia", pese ao retroceso que rexistrarían tanto na Coruña como en Santiago e Ferrol.

O portavoz de En Marea subliña que a enquisa "describe un panorama fragmentado onde hai dous actores principais, o bloque progresista que lideran as Mareas e o reaccionario que lidera un PP á baixa".

Ante isto, os cidadáns terán que elixir o 26 de maio entre a "oferta en dereitos sociais, en defensa da vida, da saúde e os servizos públicos" que realiza En Marea e "o odio" que transmite un PP que este domingo "marchaba con Falanxe española".

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, incidiu en que os datos demostran que é "evidente que o PSOE é a forza con capacidade para crecer" e que aumentará o nivel de apoios e votos en todas as cidades".

O portavoz de En Marea, Luís Villares,.
O portavoz de En Marea, Luís Villares,.

Ademais, reflicte que asentará "as súas alcaldías e aumentará apoios onde non goberna", fronte a un PP "en fase de retroceso, en caída electoral moi grande e especificamente no sete cidades".

Desde as filas do BNG, a súa portavoz, Ana Pontón, aínda que se mostrou "respectuosa" coas enquisas reiterou que as valora con "moita distancia" porque se percibe que nos últimos anos "fallan dunha forma moi forte". Aínda así, cre que reflicte "tendencias", con "un PP que baixa e un BNG que sobe".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta