Olga Louzao: "A min paréceme moi inxusto que por ser a líder de C's en Galicia xa me poñan unha etiqueta ás costas"

A portavoz de Ciudadanos en Galicia amosase convencida de que o seu partido vai despegar nestas eleccións municipais, a pesar da aparición de Vox, partido co que evita que relacionen a súa formación. "Xa temos músculo político e levamos tempo traballando", apunta. "Eu falo galego, pero se decido falar castelán ninguén me pode dicir que eu son menos galega por non falar galego as 24 horas do día", asegura sobre as propostas en materia lingüística que impulsa C's en Madrid. Nesta entrevista evita falar de pactos pero avanza que non será co PSOE.

Por Xurxo Salgado | Lugo | 12/02/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Levas en política desde hai catro anos, precisamente, chegaches cando había un clamos social contra os políticos. E cal é a túa impresión da política agora?
Pois moi positiva. Precisamente aquel ambiente motivou a que moitos de nós deramos ese paso de entrar neste mundo raro e complicado e, a verdade, con moito traballo, porque o Concello de Lugo é moi complicado. Pero iso tamén me permite afrontar o reto das próximas municipais con máis seguridade porque tamén en Lugo temos un equipo moi compacto, unido e que non entra en liortas e iso dá moito folgo para afronar as municipais.

Pero non dixeches iso de, "onde me metín"?
Si, houbo momentos complicados porque, cando tes que compaxinar a vida laboral e persoal, coa política, que é un traballo as 24 horas ao día pois é complicado, pero ten que gustar e ter ese punto de vocación de que che ten que gustar.

Como dis ves doutro mundo que non ten nada que ver con isto e, por que, entón decidiches meterte en Ciudadanos?
Pois porque polo momento no que nos tocou. Eu pasaba por un momento vital, quedara sen traballo, estaba cabreada e decateime que os que toman as decisións políticas pois non coñecen a realidade. É moi complicado que alguén decida sobre os desafiuzamentos ou poñer en marcha plans de emprego cando non coñecen o que é pagar unha hipoteca ou buscar traballo ou enfrontarte á burocracia para iniciar calquera tipo de actividade. E eu penso que esa realidade é moi importante que chegue á política. Xente coma min que decidimos quedar en Lugo decatamonos que isto non pode ser un "cuentame" seguido e que hai que evolucionar, manter a nosa esencia, pero tamén poder vivir nela.

Vexo que hai un compoñente importante de cabreo, que é o que pasou coa xente que entrou en Podemos ou en En Marea no seu día. Pero porque ese cabreo o rendabilizou En Marea, por exemplo, e non Ciudadanos?
Pois porque nas autonómicas faltaba músculo suficiente para chegar ás institucións con fortaleza. Non había unha estrutura consolidada, como pasa agora. Eu penso que non hai que mirar ao pasado porque os resultados foron os que foron. Cada un pode botar culpas, pero foron un cúmulo de circunstancias. Diso hai que aprender e estou convencida de que nas vindeiras autonómicas si entraremos porque hai ese músculo e hai moita xente traballando, con xente moi boa.

E non tería que ver ese desastre porque trouxeran xente imposta desde Madrid e non se contara cos que había en Galicia?
Ao principio iso era normal porque a xente que estabamos en Ciudadanos non tiñamos a experiencia política necesaria. Pero agora si que hai unha estrutura e xente específica traballando en cuestións galegas e contamos xa na nacional. É importante que esea comunicación exista. Pero iso pasou en Podemos, que agora é un partido completamente destruído e está pasando en En Marea, con moitas leas internas. E, en troques, nós si que fomos quen de superar ese proceso. Construír un equipo pasa por moitas fases e nós estamos xa nun momento de consolidación, mentres que outros están máis centrados en arranxar a casa cando nós xa pasamos por ese proceso.

Con todo, cando alguén pensa en Ciudadanos, pensa só en Albert Rivera ou Inés Arrimadas. Pero que proxecto ten Ciudadanos para Galicia?
Inés Arrimadas non era coñecida hai dous anos. É certo que ata entón Ciudadanos era Albert Rivera e Rivera era Ciudadanos, pero Inés Arrimadas conseguiu facer un moi bo papel e sacar moi bos resultados que non se esperaban en Cataluña e ser unha líder a nivel nacional moi valorada por todos os partidos. E por que iso non pode pasar en Galicia ou noutras autonomías?... Os líderes fanse, trabállanse e na campaña vaise ver iso.

E Olga Louzaou vai seguir sendo a líder en Galicia?
Olga Louzao ten agora o compromiso en Lugo e despois xa se verá nas autonómicas. Eu penso que calquera persoa que hai en Ciudadanos pode asumir ese papel, pero xa se verá.

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao. CIUDADANOS  - Archivo
A portavoz de Cidadáns en Galicia, Olga Louzao. CIUDADANOS - Archivo

"O PP é un partido que está acomodado pola súa maioría absoluta"
 

Fala moito Ciudadanos de España, pero hai proxecto para Galicia?
Pois un dos aspectos moi importantes no que estamos e que non se lle dá importancia é o do reto demográfico. Galicia está quedando sen xente porque a crise provocou que moitos mozos marcharon e non fomos quen de que ese talento non retorne. E hai vilas que son auténticos xeriátricos. En vez de colexios, ábrense residencias da terceira idade. Aquí existen importantes sectores económicos e hai que dotar ao rural para poder vivir e traballar nel. Tamén a sectores como o forestal, que hai que darlle pulo. E logo tamén hai que poñerlle remedio á sanidade ou a educación e facer moito traballo en conxunto porque a política por decreto non é unha boa folla de ruta.

Ousexa que o goberno do Partido Popular en Galicia non está facendo ben as cousas?
É un partido que está acomodado pola súa maioría absoluta pero iso non pode servir para todo. Eu estou convencida de que esa maioría absoluta vaille rematar porque aquí están moi mal acostumados.

Pero Ciudadanos está pactando con ese PP e en Galicia tamén será socio prioritario?
Tamén no seu momento negociouse un acordo de goberno co PSOE, pero está claro que con este partido do señor Sánchez poucas cousas temos en común. Pero cando Ciudadanos se presenta a unhas eleccións hai unha folla de ruta moi marcada. Nos temos moita capacidade de pacto, tanto co PP como co PSOE, pero moitas veces priman intereses que non son os xerais ou os da autonomía.

E nese panorama de vella e nova política e da fin de maiorías aparecen novos actores. Antes eran as mareas ou Ciudadanos, e agora é Vox. E tamén estades pactando con ese partido en Andalucía?
O pacto alí foi co PP e que foi público e no que non aparece a sinatura de ningún outro partido. O que non podes evitar é que haxa partidos que nunha investidura voten a favor, en contra, ou se absteñan. O caso de Andalucía é que necesitaba un cambio moi grande, de abrir portas e caixóns e que entrara un novo aire. Hai cousas prioritarias en Andalucía, como emprego, que hai que traballar arreo, pero sacando iso, todo son cábalas.

"PP e Ciudadanos temos claro que o camiño de Pedro Sánchez vai en contra dun país democrático"

 

Olga Louzao, concelleira de Cidadáns en Lugo
Olga Louzao, concelleira de Cidadáns en Lugo

Aínda que intentes esquivar a pregunta o certo é que este domingo Ciudadanos foi tamén da man do PP e Vox na manifestación de Madrid. Ousexa que senón hai alianza, hai concordancia, polo menos?
Neste momento no PP e Ciudadanos temos claro que o camiño de Pedro Sánchez vai en contra dun país democrático e do seu propio partido. O propio Alfonso Guerra foi moi crítico con el. Polo tanto, ante a situación que se vive en Cataluña, hai unhas regras de xogo que están na Constitución e nese marco temos que movernos. E para cambiar iso hai que ter unhas maiorías, que agora non se teñen porque non todo vale.

Pero non cres que nesta dinámica de Cataluña non e España si estanse deixando cousas importantes que lle interesan á xente como a sanidade, a educación, os servizos públicos...
No Congreso dos Deputados si se están falando doutros temas que son moi importantes e iso non acontece en Cataluña que só se segue a folla de ruta do independentismo. Alí si que non se fala da sanidade, da educación ou da dependencia.

Pero todo está polarizado co tema catalán; titulares como que un galego cobra menos que un catalán, pero non cun basco, por exemplo, ou insistir na suposta división de España. Ti non cres que esta polarización a vós vos prexudica porque vos sitúa xa directamente no polo da dereita?
E que dependerá da forma de Estada que defendes e queres. Nós queremos que Cataluña siga sendo parte de España e hai unha Constitución que é a que rexe. E vemos como este presidente dálle unha serie de privilexios a cataláns, e mesmo bascos, para seguir no mesmo estatus que ten. Nós o que queremos son líderes de estado. Non sei o que pensaría Carrillo, un home de esquerdas, con todo o que está pasando e aí se ven con xente como Alfonso Guerra ou Felipe González.

Unha cousa é que non estean de acordo con Sánchez e outra que vaian da man da ultradereita, non cres?
Pero isto non ten que ver con esquerdas ou dereitas. A min me parece moi inxusto que eu por ser líder de Ciudadanos en Galicia xa me poñan unha etiqueta ás costas. Eu síntome moi galega, moi española e moi europea. E ningún partido político pode poñer en dúbida o meu sentimento ou a miña conciencia de sentirme galega, española ou europea.

Pero eu cho pregunto pola política que se traslada desde o teu partido acudindo a estas manifestacións; ou eres español ou eres independentista catalán e non hai un térmo medio?
Pero é que ata agora os cataláns son españois. Iso é así.

Pero o debate que se dá é sobre o españolismo e o catalanismo ou independentismo, sen termos medios. E eu nese debate vexo que Ciudadanos escorase claramente a dereita. E isto tamén ten moito que ver con temas como o idioma. Eu que veño dunha aldea e vexo as dificultades que están agora existindo para o futuro do galego que se diga que o español está discriminado en Galicia. Ti realmente cres iso?
Houbo unha polémica coa proposta que nós presentamos no Congreso para que exista unha verdadeira cooficialidade nas autonomías que teñen dúas linguas. Tampouco creo que o español estea discriminado en Galicia pero é certo que nas institucións o galego ten un papel preponderante. E iso é algo que vemos a cotío; a documentación toda está en galego. E paréceme perfecto porque é o idioma propio de Galicia pero con esa proposta nós o que queremos é que iso non ten que ser un impedimento para que unha persoa que non saiba falar galego non se poida presentar a unhas oposicións públicas en Galicia.

"Hai determinados partidos que pensan que son máis galegos por utilizar o galego"



Pero, por exemplo, unha persoa que é Andaluza e que poida aprobar unhas oposicións de médica sen saber galego e a mandan, por exemplo, ao medio da Montaña de Lugo onde a xente segue falando principalmente o galego e moitos falan moi mal o español. Non é discriminatorio para esas persoas galego falantes, unha velliña de 90 anos que mal fala o español, que a médica non saiba falar o galego e non as poida atender ben?
Na proposición de lei que C's presentou xa se especificaba que en determinados supostos si que era necesario o coñecemento da lingua. Era unha toma de consideración e, en todo caso, de saír adiante, tería un proceso de enmendas e de negociación. En todo caso, estamos equivocados cando se tenta patrimonializar a lingua. Hai determinados partidos que pensan que son máis galegos por utilizar o galego e eu penso que están equivocados. Eu falo en galego (a entrevista de feito é en galego), na miña casa sempre se falou galego e milito en Ciudadanos con esa liberdade de poder falar o idioma que queira. Se eu decido falar castelán ninguén me pode dicir que eu son menos galega por non falar galego as 24 horas do día. Hai que ter a posibilidade de escoller sen que iso sexa ser máis ou menos galego... Pero en Cataluña si que o castelán si está desaparecendo da escola.

Pois por iso insisto, que Cataluña non é Galicia e semella que trasladar eses debates aquí non ten sentido?
Pero tampouco é así, porque se nós pedimos unha Inspeccion Educativa conxunta para todo o Estado, por que iso é un impedimento?. Insisto, nós defendemos unha España coas súas autonomías, que respecte as súas particularidades e as súas esencias, pero que iso non supoña un privilexio co resto de autonomías.

Pero aquí non houbo nunca conflicto lingüistico. Sempre houbo convivencia que se rachou por intereses políticos...
Pero esa convivencia é pacífica. Nós non tentamos, en ningún momento, crear unha conflictividade con isto, pero temos que defender o mesmo aquí que o que defendemos en Cataluña ou Baleares porque o noso ADN é así. Se presentamos unha iniciativa para que a lingua non sexa requisito nunhas oposicións en Madrid, temos que presentalo aquí tamén. E se a situación de Galicia é diferente, pois perfecto. Con todo, cando nós presentamos esta iniciativa o ataque que tivemos non foi dunha convivencia pacífica. E a min iso me cabrea moitísimo.

Pero supoño que esas críticas virán por traer a Galicia debates deturpados doutros lados do estado...
Pero se estás nunha comunidade con dúas linguas cooficiais pois terás que respectar as persoas que utilicen unha ou outra. Entendo que isto debe ser así, pero os ataques non foron pacíficos.

Xa, xa, pero hai estudos da RAG que apunan que o galego está xa en retroceso e que os nenos falan castelán e perden o galego. E non cres entón que habería que protexer o galego de cara ao futuro?
Eu estou encantada de que o meu fillo fale galego e tamén castelán e tamén inglés, que lle fai moita falta.

E chinés, tamén, que é o máis falando...
Nós nunca plantexamos a desaparición de ningunha lingua. Nós sempre defendemos que se ensinen e aprendan as dúas e unha terceira, que pode ser o inglés.

Pero ese xa é o modelo de Feijóo...
E o noso. O modelo de Feijóo será o de Feijóo. Nós onde nos presentamos sempre defendemos as linguas cooficiais e do inglés.


"Non é un concello fácil e a herdanza é complicada"


Cambiando xa de pau, marchemos para Lugo. Que expectativas hai postas neste concello?
Pois dada a situación de auténtico caos pois as expectativas son boas.

Aspirades a gobernar en Lugo?
C's sae coas ganas de ser unha alternativa clara de goberno, pero por unha razón moi sinxela, porque hai un PSdeG esgotado, que non foi quen de facer nada. Falaremos do 2019 dos temas do 2015 pero en peor estado; Garañón, Fábrica da luz, PXOM, praia fluvial. Nada disto se solucionou. Isto do PSOE e logo está un PP que é máis do mesmo, nunha guerra contínua na que só lle interesa un asalto ao poder. Por iso Ciudadanos é a alternativa, con xente nova, con ganas de traballar, que non arrastra pasado e que sabe o que quere Lugo porque o viviu, o vive e porque coñece a realidade actual.

Pero se hai cambio o pacto será co PP, non co PSOE?
Pero é que co Partido Socialista que hai nestes momentos fomos sempre moi críticos.

Ousexa que das xa por feito un pacto co PP se hai posibilidades?
Non digo iso. Non sei que resultados se acadarán en maio e penso que ese tema haberá que falalos cando ese tema estea enriba da mesa. Non quero que falar de pactos aínda porque Ciudadanos vai saír nestas eleccións a ser unha alternativa clara ao PSOE. O que pase despois do 26 de maio xa se verá e analizará.

Pois eu lin nalgún medio que mesmo estabas aberta a un pacto co PP e tamén con Vox?
Para comezar Vox non existe. Non ten candidatura, nin representación. C's temos claro cales son os nosos rivais. Haberá moitos máis pero nós temos claro cales son os nosos rivais. Nós non nos presentamos a estas campañas coa palabra pacto en ningún momento. Presentámonos cun programa claro para conseguir o apoio dos lucenses.

Pero desde logo co PSOE non ides pactar porque vai presentar a mesma candidata, que xa é alcaldesa, e coa que ti es moi crítica?
É moi complicado porque os catro anos do PSOE están causando moito dano en Lugo. Pero, insisto, nós temos o noso programa...

E cal é ese programa para Lugo?
Pois hai tanto por onde comezar. Hai un problema gravísimo no funcionamento interno do concello que hai que arranxar si ou si; falla de persoal, ofertas públicas de emprego, bombeiros, policía local...

Pero iso ides levalo no programa porque o funcionamento interno dos concellos soen ser habituais. En Vigo, con maioría absoluta, estamos vendo que hai problemas, en Ourense, na Coruña... Semella que é un problema endémico. Vos ides acabar con el?
Non coñezo o que pasa noutros concellos pero si o que pasa aquí e a súa casuística particular que arrastra carencias importantes en servizos esenciais que supón que teñamos continuas baixas na policía, problemas cos bombeiros, a RTP que causa problemas graves entre os traballadores que son os que sacan adiante as cuestións políticas do concello. O funcionamento do concello é o que marca a túa imaxe. E non ter unha casa ordenada pois é imposible que nada funcione. E depois hai asuntos que merecen moita atención como son os contratos da auga, que non haxa un bo servizo público. Os que coñecemos Lugo vemos que quedou anclada no pasado permitindo que a xente fuxira da cidade e temos que crear máis dinámica empresarial e non apostar todo para o sector primario ou terciario. Temos que potenciar o campus universitario e o seu patrimonio. Non podemos ir a Fitur cunha invitación con faltas de ortografía. Non é un concello fácil e a herdanza é complicada con moitos problemas enquistados que van supor moitos gastos para a cidade. Por iso precisa un goberno forte e valente que non deba favores a ninguén e que non estea atada. Isto pasa en Lugo, con colectivos que inflúen nas decisións do concello e iso non pode ser.

Pero a que colectivos te refires?
Pois comprobamolo coa Federación de Veciños cuns orzamentos que nos presentou o PSOE que cinco grupos estabamos en contra.

Ousexa, estás dicindo que a Federación de Veciños presiona ao Goberno municipal?
É un colectivo que ten liña directa co goberno. Unha liña directa que non temos os grupos da oposición que fomos elixidos democráticamente polos cidadáns. Iso é vox populi e xa llelo temos recriminado ao concello.

E cal é a relación que tes con Lara Méndez?
Pois é unha relación normal. Ela é alcaldesa e eu voceira de C's. Hai asuntos nos que estamos totalmente en contra. E nun concello con seis grupos políticos non se pode gobernar por decreto e sen consensos. Non se pode gobernar sen negociar uns orzamentos, nin sobre as ordenanzas fiscais, mesas sectoriais como a da ORA. Isto ocasiona moito desgaste para eles e impide o avance da cidade.

E xa unha última cuestión. Sempre se fala de que a política é un mundo feminino. Preguntabache pola túa relación con Lara Méndez porque Lugo, por agora, debe de ser unha das poucas cidades que presenta a tres candidatas. Cres que xa está normalizada xa a política para as mulleres?
Non está normalizada desde o momento no que a nivel nacional non hai ningunha muller encabezando un partido político. Pero non é cuestión de homes ou mulleres, senón de persoas capacitadas que dean pasos adiante. Eu nunca tiven problemas para dar ese paso. Tiven moita liberdade e apios pero é importante que as mulleres non nos poñamos límites e sigamos asumindo responsabilidades, aínda que supón un custe persoal importante.

Algunha quiniela de resultados?
Non me animo.

Entón non cres que vaias gañar?
Eu penso que ciudadanos vai sacar moi bos resultados e vai ter opcións de gobernar pero aínda non sabemos quen se vai presentar. Nós o que si faremos é traballar moito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

6 Carrizo

Catorce preguntas desta entrevista arrincan con un “Pero...” E digo eu...por que este xornal non é así de incisivo cos da sua corda?? non lin entrevistas así á Marea, nin ó BNG, nin a ANOVA , Compostela Aberta, etc. Permítese á xente contestar con vaguedades ou colocar o seu discurso...anque non respondan ao que se lles pregunta, ou anque entren en contradicción. Será por ser muller? Por riba educada e accesible, iso hai que concederllo. Polo demais non convence: nin se sostén a sua posición lingüística (moi hipócrita, sabendo as intencións do seu partido), nin se intúe visión ou programa algún...non semella alternativa de goberno, o cal nos tempos que corren non é definitivo para sacar resultados. Algo rascarán, seguro. CONTRIBUÍDES VOS A ESO TAMÉN

5 anonimo

Espero que si llegais al Parlamento de Galicia que exijáis la salida de Castelao del Panteón de Gallegos Ilustres por ser la cabeza del fraude electoral conocido como Santo Pucherazo. Yo lo llevaba a Sogama, pero su no se puede, que le pague el PP o los nacionalistas un panteón particular no visitable en donde no pueda ser enaltecido, que es lo mismo que enaltecer, además de a una "piltrafa" comunista, a la delincuencia electoral.

1 Fran do Covelo

Grazas, moderador de Galicia Confidencial, por alimentar o odio fascista.

2 Sentidiño

Se queres que cheguen ao parlamento, ide en coalición todos os fascistas. Xuntos podedes!

3 nostrus

Castelao fue un español que practicaba el fascismo de la progresia, despreciaba a los gallegos castellanohablantes y se creia mas gallego que los demas por el hecho de ser un renegado, sin embargo en su vida usó mas el idioma español que el gallego. A mi me parece bien que los naciotas le rindan culto por su sectarismo, pero mantenerlo en el panteon de gallegos ilustres es hacer gala de muy mal gusto

4 Medulivm

Ti es máis partidario de meter no "almacén" de gallegosespañoles a Franco, Fraga, Rouco, Raxoi, Feijoo, etc... O resto, ás cunetas... verdade, prenda?

5 acabezanonpara

Dicr estas cousas de Castelao..ia dicir que me sorprende pero de xente que se sinte orgulloso na ignorancia non me sorpende nada

6 anonimo

En las cunetas no hay nadie, y lo sabes. Habrá enterramientos por el monte, pero en las cunetas no hay nadie, y lo sabes...

4 nostrus

Ciudadanos es un partido que apuesta por la realidad, la diversidad y poniendo las personas por encima de las lenguas, banderas o religiones y esto molesta enormemente a los partidarios de que las personas seamos siervos de las lenguas, las culturas o cualquier otra mania identitaria. Adelante C´s para que la gente sea libre y decida que lengua quiere hablar.

1 Sentidiño

Swahili, eu quero falar swahili! E que a guardia civil me atenda na miña lingua!

2 De Galicia

Cuando el swahili sea oficial en Galicia podrás pedirlo. De momento no es oficial, así que tendrás que aprender a hablar español.

3 Sentidiño

Si, aprender español e obrigar os demáis a falalo comigo. E logo envolverme na bandeira de ex-paña e desfilar con neonazis... Prefiro o swahili!

4 andaque

de galicia y eso no es imposicion no se porque hay que aprender el español y eso no es imposicion

5 Coruñés

Falades de igualdade cando vos convén. Nunca falades da desigualdade de Galicia co resto do Estado en materia de salarios, infraestruturas, pensións, transporte, suministros (auga, luz, internet...), decadencia industrial, etc etc etc. Coa mentalidade da xente como vós así nos vai.

6 De Galicia

Sentidiño. Si no te gusta esto y quieres hablar suajili puedes emigrar para África. No sufras y renuncia a tu nacionalidad. Yo mismo te ayudo a hacer los trámites cuando quieras. A mi me f. mucho mantener a gente como tú. Puerta.

7 Sentidiño

Grazas, pero este xa é o meu país. E aquí todos os estranxeiros sodes benvidos.

3 Valdeorras 44

O problema de Ciudadanos en Galicia é que colle o peor do PP, como J. Araujo, o eterno concelleiro ourensán.

2 Vanessa

Lozanoooooo !!!! Pasa pa casa Lozanoooooo !!!