Carmela Silva exerce de embaixadora do Camiño de Santiago

A Deputación reivindica en Fairway as distintas "experiencias" destes camiños, que son "catro formas de visitar a provincia".

Por E.P. | Pontevedra | 11/02/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este luns na feira Fairway na presentación do 'Camiño experiencial' a Santiago, unha iniciativa que anima aos peregrinos a "deixarse namorar" polas distintas rutas de peregrinación que cruzan o "paraíso" desta provincia.

A presentación emulaba unha animada charla na que, rodeada de camelias (un dos recursos turísticos da provincia), a presidenta provincial trataba de elixir cal era a mellor ruta a Santiago, de entre as que cruzan Pontevedra, para realizar.

Con iso, debullou os distintos recursos turísticos polos que transcorren estes camiños, facendo especial fincapé nas experiencias que o visitante pode vivir neles, dentro da campaña xeral de promoción turística da provincia, que aposta polo turista con 'Fame de Experiencias'.

Con iso, desde a Deputación anímase aos peregrinos e visitantes a "namorarse un pouco da cidade de Pontevedra e das súas prazas", repousar nos balnearios da provincia, pasear polos viñedos ou gozar da súa gastronomía tanto de mar como de interior.

"DÉIXENSE NAMORAR"

Ademais, Carmela Silva apostou por "pasear xunto á fortaleza de Baiona", onde "chegou a carabela Pinta en 1492", relaxarse "na area das praias de Nigrán" ou coñecer en Vigo as "salinas romanas mellor recuperadas da península ibérica", xunto á "luz especial do Atlántico".

A Catedral de Tui, o Pazo de Oca --"o Versalles galego"--, o río Miño ou as zonas da provincia nas que experimentar a observación de aves foron outros dos recursos mencionados. "Son todo experiencias que emocionan", ratificou Silva, que fixo fincapé na gastronomía e o enoturismo.

"Se queredes vir saciar a fame de experiencias, hai que vir facer as rutas e camiños que pasan pola provincia", dixo Silva, que animou aos peregrinos a que os fagan "todos", dado que é "imposible elixir" o Camiño Portugués, o Portugués pola Costa, o Camiño de Inverno ou a Vía da Prata, "catro formas de visitar a provincia" ás que se une a ruta marítima Arousa-Ulla. "Vivimos nun lugar que namora, déixense namorar", finalizou.

Deputación de Pontevedra no Fairway
Deputación de Pontevedra no Fairway | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta