Noriega afirma que "o espectáculo" do PP santiagués volverase contra eles nas municipais

Carga contra as "manobras absolutamente infames" dos populares e insiste en que "non hai ningún tipo de ilegalidade" nos contratos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, afirmou este mércores que "o espectáculo" do PP de Compostela "volveralle en contra como un búmeran nas eleccións de maio". Así se pronunciou respecto da demanda dos populares dunha comisión de investigación polos contratos menores supostamente vinculados con empresas familiares e persoas próximas ao executivo municipal e a Compostela Aberta.

"Resulta lamentable que o PP, que vén co expediente que vén no caso de Compostela no anterior mandato de tres alcaldes, con múltiples imputados e un goberno de non electos, estea a dar este espectáculo nas últimas semanas por intereses unicamente electorais", asegurou o alcalde compostelán nun acto na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Ademais, engadiu que o PP é consciente de que "non hai ningún tipo de ilegalidade" nos contratos e convidou ao partido a "exercer accións pertinentes se atopan algunha ilegalidade".
Engadiu ademais que os populares pretenden "xerar ou plantar dúbidas sobre a transparencia" do grupo de goberno e "prexudicar de maneira absolutamente innecesaria a múltiples proxectos empresariais e cooperativos".

Estas empresas, segundo explicou, xa traballaron noutras ocasións non só co Concello de Santiago, "senón tamén con moitos outros concellos, moitas outras institucións, coa propia Xunta e mesmo con gobernos anteriores de cores políticas diferentes".

"MANOBRAS ABSOLUTAMENTE INFAMES"

Tamén engadiu que o seu grupo municipal non vai participar en "manobras absolutamente infames" daqueles que asegurou que "son os menos indicados para facer determinado tipo de discursos".

Ademais, Noriega destacou que está a detectar en "moitos segmentos" da capital galega "un malestar e un retorno sorprendente que se asenta no principio de que todo vale". "Nós, nesa cerimonia de confusión e nesa política de terra queimada, evidentemente non imos participar", concluíu.

Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cirigaitas

Mellor seria se preocupa-se vostede por que os Contedores non Rebosen até os topes e as Fochancas non lle fodan o Palier dos carros aos Cidadán de a Pé, que é no que testan unha xestión...ademais de meter-lle Man (dunha vez: ninguen se atreveu en 40 anos!!!) á Panda de Funcionarioninúteis e tocacolloes que tén no Dpto. de Disciplina Urbanística. Así xa seria outra cantadela.