O reto de Converxencia XXI

A formación liberal celebrou hai uns días o seu segundo congreso e fixou como obxectivo conseguir os avais para presentarse as eleccións xerais. Galicia Confidencial conversa co seu reelixido secretario xeral, Carlos Vázquez Padín.

Por Xurxo Salgado | Tui | 03/10/2011 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

"Para un partido ainda moi novo como o noso traballarmos para conseguir os avais para presentarnos a unhas xerais é un reto complicado, que como se sabe son as eleccións máis dificiles para un partido de ámbito infraestatal". Así de contundente e claro se amosa Padín sobre o gran reto da súa formación para as vindeiras semanas; superar o corte establecido na recente modificación da LOREX (Lei Organica de Réxime Electoral Xeral) que no seu artigo 169.3 exixe so para os partidos que non teñen representación nas cortes os avais do 0,1% do censo de cada provincia ou circunscripción.

En declaracións a Galicia confidencial, o líder de CXXI asegura que, a pesar das dificultades, ao seu partido "non lle asustan os retos". "Sabemos que para chegar algún dia hai que comezar por construir os alicerces con constancia e dedicación, é neste contexto que se explica a nosa aposta por tratar de concorrer ás eleccións xerais", asegura.

2.690 sinaturas


Durante os vindeiros días, os militantes de Converxencia XXI sairán ás rúas para conseguir eses avais que lles permitan participar nas eleccións xerais do 20N.  Son 2.690 sinaturas, distribuídas por provincias, as que necesitan para poder participar nos comicios ao Congreso ou ao Senado. Por iso, insiste en que o aval non compromete a nada, nen significa, en ningún caso, o voto. "O aval vale unicamente para que a formación galeguista e centrista poida concorrer ás eleccións e dotar a Galicia dunha nova voz forte e sensata".

No seu congreso esta formación centrista e galeguista volveu apostar polo respecto á liberdade de prensa, a independencia xudicial, a loita contra a corrupción e o estímulo da competitividade. De cara ás eleccións, Converxencia 21 conta con conseguir avais para presentarse nas catro provincias galegas, cun programa que estará centrado na "austeridade real e non propagandística", na reforma da administración, e en recortes "que non poñan en compromiso os dereitos fundamentais dos cidadáns". Para Padín, "a educación e a sanidade teñen que ser as áreas a salvar. Pero socialistas e populares, por non recortar os seus propios privilexios, acaban recortando a educación e a sanidade".

Sobre a situación política actual, Padín di sentirse "preocupado" polo "fondo deterioro" da democracia en España. "A casta de PP e PSOE non dan pasos no sentido de reformular o estado para facelo máis eficiente e profundizar a democracia senón todo o contrario, o que fan é manter os chiringos onde miles dos seus fieis se alimentan a base de todos os contribuintes, como as deputacións ou os pequenos concellos que non son viables", denuncia.

O "secuestro" de PP e PSOE

Unha crítica que xa fixo nas páxinas do GC e que reitera porque considera que o PP e o PSOE "teñen secuestrada a democracia e non queren concorrencia como demostra a modificación da Lei Electoral", que impide aos pequenos partidos presentarse ás xerais.

En maio de 2011 Converxencia XXI conseguiu o seu primeiro concelleiro en Tui, precisamente, na persoa de Carlos Vázquez Padín. Por iso o segundo congreso de Converxencia XXI tivo lugar na vila tudense, onde se reuniu medio cento de compromisarios chegados de toda Galicia e da emigración. O obxectivo do Congreso, a dous meses das eleccións xerais, era ampliar a executiva da formación e aprobar reformas estatutarias de carácter técnico que lle dean máis marxe de traballo á directiva.

A nova executiva de Converxencia XXI, respaldada pola unanimidade do Congreso, estará composta por nove membros. O novo secretario de organización será o compostelán Xosé Febrero e o responsable do financiamento o cangués Antonio Pérez. Tamén haberá responsabilidades específicas para a mocidade (Mateo Franco), para a comunicación interna (Javier Abad), ou para o merchandising e a comunicación externa (Xosé Luís Reza).

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 82 comentarios

5 luis

Ningunha das pachangas galeguista, que sacaron màis votos que converxencia XXI nas locais, están a facer ABSOLUTAMENTA NADA para intentar presentarse a estas eleccións...unha mostra de quen vai en serio, e a quen lle interesa un carallo o país.

1 André

Interésalle a Padín? Ha ha ha.

2 cachote

O único que sabemos é que aos que controlan o BNG só lle interesan os cargos de liberados que todos pagamos, que ao PP lle interesa para a por ao servizo do partido e dos amigotes e que ao PSOE... bueno, ao PSOE nen se lle espera. O BNG vai perder a representación nestas eleccións, e non será por culpa de CXXI, senón porque estades desconectadísimos coa grande maioría destes galegos aos cales ata lle cambiades a súa bandeira porque si.

3 Rayleigh

Pois esperamos a túa candidatura, cachote para poder votarte. Moito ánimo que a miña sinatura xa a tes. Algúns non poden vivir sen o BNG, está visto. Para algúns, os resultados electorais do BNG failles o mesmo que as pelis porno. Menuda panda...

4 cachote

Cando certos sectores do BNG (o que sempre o controlaron) abandonen o púlpito desde o cal se consideran únicos posíbeis salvadores do pobo galego, baixen falar coa xente e saian da súa burbulla na que se atopan metidos para se abriren á sociedade cadaquén andará polo seu camiño. Encanto continúe a prédica acrítica e pouco humilde a xente poñeralle tanta chata como queira.

5 Rayleigh

Xa sabemos que os salvadores do pobo galego non están no BNG. Ti eres a proba disto. Que máis da que baixen ou non? A cuestión é que o BNG conseguiu cousas que nin os demáis conseguirán en centos de anos e iso, algúns non o levan moi ben. Sobre todo de persoas que pensaron que se ían come-lo mundo e logo viron que non os votaban nin a súa nai. O 90% das críticas ó BNG son por este motivo. Estou esperando que me digas a quen votar.

6 Rayleigh

Por certo cachote..para mostra os teus posts..este artigo trata dun partido que non é o BNG, o que comezou este post, luis, non fala do BNG. E ti vas, e ale!! A polo BNG! Como puxen no 3: "Algúns non poden vivir sen o BNG"

7 mareque

Algúns non poden vivir sen o BNG! Canta razón tes Ray, que farías sen os que che pagan o sustento... Pois ben sexa de forma material ou espiritual ti só estas para exercer de taparrabos do BNG. Dos demais non te preocupes en exceso, os teus consellos son envelenados ou do criado que lle debe tanto ao amo. Que miseria de galegos en verdade cos que compartir os teus desvelos, os dos 32 -ou serán 64- partidos somos ben pouco obedientes que mesmo periga o chiringuito do BNG!

8 Rayleigh

Vaia outro que sabe onde ir busca-lo pago. Podesme indicar onde teño que ir, xa que parece que eres dos que non saben falar doutra cousa? Grazas Maresque. Por certo..podo dicir que vou da túa parte?

9 mareque

No cortello, ali hai un lugar libre. E deixa que os demais decidamos apoiar a quen nos pete... Mais, ben pensado, pode ser mellor que continues cos teus comentarios... Sen querer, pode que nos axudes a destapar aos falsarios do BNG. Adiante, que o 20N riremos!

10 cachote

O BNG cousas para Galicia conseguiu? Moitas seica.

11 Rayleigh

Pois si..algúns si que riran. Pero parece ser que serán os do PP. Non me digas que eres pepeiro! Por que senón, moi intelixente non eres. Mira que disfrutar coa victoria do PP se non eres pepeiro! Non me estrana que teñamos o que temos con semellante masa electoral. Non cres mareque?

12 mareque

Non me asusta o PP, o conto do lobo feroz xa non cola para os que pintamos canas. Pois o mesmo año manso do PSOE, coa complicidade dos vendidos do BNG cando chamaron por eles e lles deron onde lamber, é o responsable directo do maior recorte social en décadas. Entón non será co meu voto como chegue o PP ao poder, mais permite que me ría dos farsantes, dos que -coma ti- ides de esquerda e sodes esbirros do capitalismo e dos poderosos. Os liberais, mira ti por onde, quédanche moi á esquerda do BNG e do PSOE de hoxe. Desde que vos descubriron o prezo, e xa o sabemos os que noutrora vos votamos, mellor dedicádevos ao pillaxe sen reparos: tarde ides voltar a tocar poder!

13 Rayleigh

Se eu non te contei o conto do Lobo Feroz, machiño. Só dixen unha obviedade. Os únicos que terán motivos (esperemos que non) de rir, serán os do PP. Pero resulta que outros tamén o celebrarán. E se pensas que o PP non fará recortes máis salvaxes, pois nada. Segue na ignorancia. Criticas a un por facer recortes e te alegras polos resultados doutro que vai pegar puñaladas ata que se canse. E en vez de botarlle a culpa o SOE dos recortes, botallela culpa ó BNG! Grazas mareque por ensinarme ó verdadeiro responsable da crise: o BNG cun 15-20% dos votos. Comprendes por que estamos como estamos, con xente coma ti?

14 Lucense

A propósito,poderias dizer-nos porque o BNG apoiou que seguisse a barreira do 5% para aceder ao Parlamento, lei aprovada polo fascista Fraga na sua primeira legislatura e contra a qual, naqueles dias, o BNG botara pestes? Qual a razom dessa mudança de opiniom? Obrigadinho.

4 ultreia79

Divide e vencerás. Reparte cada vez máis o escaso voto galeguista e verás como aumenta o bipartidismo.

1 ooo

Xunta fabas con castañas e verás como se ue da todo en auga de borralla. Xa se astá a ver...

2 ooo

Mestura fabas con castañas e sairáche auga de borralla.Amalgamar auga con aceite nunca dou bo resultado...

3 Rayleigh

Concordo contigo ultreia. Isto é un sen Deus. Hoxe mesmo hai 32 partidos (como mínimo) dentro do ámbeto no nacionalismo galego. E o máximo que se acada, son unións temporais onde cadaquén, teña a súa parceliña de poder e os seus 15 minutos de fama e desconfiando dos demáis. O nacionalismo galego, hoxe en día é o minifundismo levado a política. Pero as "mentes privilexiadas" nin se enteran da festa.

4 SantiBurrínguez

Esatamente, Rayciño. Aquí teñen que votar todos polo BNG, sin dividir o voto, que hai polo menos 500 partidos nacionalistas galegos y sólo o BNG vale. Dos nomes non me acordo, pero hai moitíiiiiisimos partidos nacionalistas, así que a fod- er- se y a votar por min y a miña pandilla castrapodereitistapintamonas. Todavía temos posibilidades en próximas eleccións de dar alguna sorpresa, chavales, non vos desanimedes que entre noso gran "ex" bocazas, digo voceiro nacional como se chama Quintana y mais eu y outras "personalidades" da misma banda vamos a facer unas queimadas y unas tocadas de gaita con centos de gaiteiros... que nin don Manuel Fraga, y vamos a viaxar todos por España adiante para traer as mellores festas flamencas para Galiza. ¡Oleeeeeeeeeeeé!

5 Rayleigh

Vexamos..os 14-15 que din que están en Causa Galiza, os 7 partidos fundadores do BNG, maís MGS, EI, +GZ. Logo temos TG, PG, PGD, Coalic. Galega, CXXI, FPG, e algún outro que non lembro..E sabes que é o gracioso, querido orneador Santi? Que as concentracións de gaiteiros suman máis xente que algúns partidiños deses. Pero non vexas que fumes se gastan. Millor 10 partidos de 200 simpatizantes que un de 2000. Así nos vai.

6 mareque

Todos firmes, aliñados, uniformados e desfilando baixo mando do BNG! Ordena e manda o cabo Rayleightrstvxyz! Que bon canciño perdeu o PP! Por certo, a algúns indocumentados do BNG (Jorqueras, Abrairas, Pontonas, Celas, Abois, Lobeiras, Candocias...), dos que se descoñece oficio ou beneficio, non lles vai tan mal... Polo demais dubido que os intereses dos galegos sexan coincidentes, polo menos os racistas coma ti non esperedes a que os demais asumamos os vosos complexos de inferioridade! Cheiras a can!

7 Rayleigh

Por certo, mareque..quizais poidas dicirme onde podo atopar o teu CV para ver que falas con propiedade cando chamas indocumentados a outros. E tendo en conta que non vivimos baixo o mesmo teito..xa me dirás por que cheiras a can, senon eres ti mesmo. Algún familiar teu quizais? Se ten 4 patas e ladra, desconfia.

8 mareque

Á primeira: dime que oficio desempeñaron -fóra de vivir do partido, que iso non conta- os nomeados e outros moitos mansos do BNG, para saber o que aportan á sociedade. E logo compara cos teus veciños, seguro que o 90% aportan maior experiencia que os enchufados do Bloque, entón onde está o negocio da política? A política é unha casta, o lugar para os sumisos, ou apostamos pola participación plural, pola temporalidade nos cargos e por rotacións que aporten experiencias (pero para aportar hai que telas, ter traballado, coñecer desde a rúa, e non ser amamantado desde neno polo leite quente do poder). E á segunda: os teus abondosos comentarios delátante, ou ti non es o canciño que ladra contra calquera achegamento ao sul, ao portugués tamén, puro racial do noroeste hispano!

9 Lucense

Rayleigh: sabes se a corrupta Candocia (lembras o mal que che sentou que um servidor falara dela aqui? mas hai que compreender que és o cam de guarda da UPG) acabaria os seus estudos universitários? É que quando servidor começou os seus ela já estava por lá havia anos e quando acabei ainda seguia ali. As más línguas diziam que a carreira era pagada polo partido a câmbio de ser uma destacada dirigente organizadora das "Juventudes Universitárias" de tal partido. Lembro o mal que lhe sentou num debate electoral que um dos participantes lhe dixesse que gentinha como ela nom eram exemplop de nada para os estudantes. Enfim, de passo desejo-che melhoras na tua fobia cara a ortografia galega.

10 Rayleigh

Sentoume mal? Se ti o dis..O guarda de quen? Se estás tan namorado de min, deberías ler os meus posts sobre o sistema de partidos do BNG. Pero claro. Se estivera na miña man cambialo, ti, maresque e demáis xentiña quedaríavos sen xoguete e a ti só te quedaría conxugar verbos en portugués que vendo os teus posts, é o único que podes aportar. Non teño nada en contra da ortografía galega nin contra o portugues nin Portugal. Pero sóamentes hai que ler unha frase túa para ver que lle pegas unhas boas patadas a esa ortografía. Iso sen contar con rirte doutra persoa dun defecto que a xente coma ti, teno en abundancia: a ausencia de autocrítica e o non poder soportar que lles leven a contraria. Non deberías proxecta-las túas manias nos demáis. E se non o podes evitar vai pedir cita ó medico. Sorte rapaz!

11 Lucense

Rayleigh: as dificuldades em lecto-escritura num Departamento de Orientaçom. Em vez de agradecer-me o conselho, semelha que turras contra mim.Desta vez figeche um reintegracionista mais. Obrigadinho.

12 Lucense

A palavra "cu" leva acento ou nom? Cu ou cú? Escrevemos com o "q" ou o "cu" ou o "cú"? Que dizem (ou dim) as tuas normas ortográficas e morfológicas, péssimo decalque das castelhanas? Obrigado polos esclarecimentos.

13 Rayleigh

Grazas lucense. Por darme a razón. Non esperaba menos de ti. E de regalo convertido na versión reintegracionista do manolito. Ou prefires de manolo2? Xa sabes..o que ti queiras.

14 Lucense

Orquestra Los Manolos apresenta a sua nova voz solista: Rayleigh, "el galleguiño bueno", enxebre representante del "regionalismo bien entendido". "Telonero" ( como se di isto na nossa língua?): Santi Burrínguez, "o Urso Olívico".

15 wfbe

O portolugués este da moita grima, así andan resentidos todo o día insultando polos foros para exterminar a nosa lingua e regalarlla a portugal. Menos mal que non teñen futuro.

16 Lucense

"Outra vaca no milho": assim diziam onde eu nascim, porque che eram mui finos. O que me inspira o nº 15,se eu o dixesse, seria muito menos fino. É-che dessas cousas que hai que lembrar de atirar do autoclismo ao acabar, isso é o que me inspiras, electroencefalograma plano espanholeiro.

3 ultreia79

Divide e vencerás. Reparte cada vez máis o escaso voto galeguista e verás como aumenta o bipartidismo.

2 Abraiado

Presenza mediática totalmente desproporcionada. Por que non se fala de SAIN, que o superou claramente en votos?

1 Vighés

Eu non sei como se lle pode dar tanta cancha a unha persoa e organización que non representa apenas a ninguén. A FPG, dentro de Alternativa Canguesa de Esquerdas, ten dous concelleiros e non saen tantas veces. Terra GAlega ten varios alcaldes, e nada. Até o Partido Galeguista e outras formacións de centrodereita teñen máis votos ca este home e... nada. É todo un fenómeno mediático.

1 Cobillón

Os partidos que citas aparecen e desaparecen. Onde está agora TeGa? E o PG? Esta alternativa parece máis seria que todos os partidos que citas.

2 Coruñés

En que che parece seria? Na maneira de xestionar o escándalo do candidato da Coruña?

3 Lugués

escándalo..?, é tan escándalo que nin eu o sei, nin o o 99.9% dos galegos o sabe.

4 Coruñés

Nin o 99,9% dos galegos coñecen este partido, vaia explicación a túa...

5 Lugués

Ah claro, como o 99.9 % dos galegos non coñecen este partido, ergo non é serio...en fin

6 André

Serio? déixame que me ría. Ha ha ha.

7 luis

En vez de rirte tanto vaite preparando para as próximas que igual che toca saír a rúa, costume seguro que non che falta, pero non a berrear claro...senón a recadar firmas. Recorda que:" quen rí último, ri mellor"...