Lugo contará dende o luns cunha Comisión Provincial de Violencia de Xénero

É unha iniciativa do Conselllo Xeral do Poder Xudicial que se está implantando en todo o Estado para fomentar a coordinación entre institucións na loita contra a violencia machista

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá este luns o acto de constitución da Comisión Provincial de Violencia de Xénero de Lugo, que ten por obxectivo coordinar as distintas institucións para erradicar a violencia sobre a muller e mellorar o sistema de protección das vítimas.

O acto de constitución celebrarase ás 10.30 horas. Ao encontro asistirán o presidente do TSXG, Miguel Anxo Cadenas Sobreira, o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, e o fiscal xefe da provincia, Roberto Brezmes Caramanzana, entre outras autoridades.

A Comisión Provincial é unha iniciativa do Consello Xeral do Poder Xudicial, que se está implantando nas Audiencias de todo o Estado.

Manifestación contra a violencia machista
Manifestación contra a violencia machista | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta