O presidente do TSXG aposta por "cambiar a norma" para abordar o movemento 'okupa'

"O que non se pode é ordenar un desaloxo sen a cobertura legal, sen unha resolución xudicial firme que ordene o desaloxo", di tras as protestas en Lugo contra a ocupación de varias vivendas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, suxeriu este luns en Lugo "cambiar a norma" para abordar o movemento de 'okupas', que na capital luguesa levou á mobilización aos veciños das Gándaras ante a ocupación de catro vivendas.

Cadenas puntualizou que "a Xustiza ten que dar resposta desde as normas, nese sentido o que non se pode é ordenar un desaloxo sen a cobertura legal, sen unha resolución xudicial firme que ordene o desaloxo, xa sexa en vía penal xa sexa en vía civil".

Ademais, incidiu en que "a resposta xudicial ten que ser o máis inmediata posible, pero desde as mesmas normas legais" que hai. "Se son insuficientes ou revelou a realidade actual un problema en que a norma non cobre suficientemente as necesidades actuais o que hai que facer é variar a norma", sostivo.

Con todo, o presidente do TSXG subliñou que "a esixencia ao órgano xudicial é desde que hai unha resolución firme de desaloxo, xa sexa en vía penal ou en vía civil para que se execute o máis inmediato posible".

Okupas na antiga sede de Cantigas e Agarimos en Compostela
Okupas na antiga sede de Cantigas e Agarimos en Compostela | Fonte: Radio Obradoiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 luis ferrolán do pisco

Lástima que o poder xudicial no teña o máis mínimo creto .....Pero os Srs. xuíces gañaron a pulso esa mácula. Cando o dono da casa ocupada pide o auxilio da Xustiza , debería chegar que o dono fixera no xulgado de Garda a correspondente denuncia , e o Sr. Xuiz de Garda acompañado da policía ou Garda civil se personaran na vivienda allanada e poder na ruta aos Srs. ocupas..