O avogado di que na causa que se segue contra a xuíza de Lara só se ven "os factores negativos"

Cuestiona que "se poida corrixir" unha instrución "a través da responsabilidade disciplinaria".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Agustín Azparren, o avogado da titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, na acción disciplinaria aberta polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) por supostas dilacións indebidas, cuestionou este martes que "se poida corrixir unha forma de facer unha instrución a través da responsabilidade disciplinaria".

Desta forma replicou ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, que este luns mantiña, en relación ás investigacións de Pilar de Lara, que "as instrucións non son un fin en si mesmo". No entanto, o avogado apresurouse en deixar claro que "non se trata de discrepar ou non do presidente do TSXG".

Azparren repuxo que "nas instrucións nas que existen dereitos fundamentais das persoas débese procurar respectar eses dereitos, pero o problema non é ese, como deben facerse as instrucións, senón se realmente se pode corrixir unha forma de facer unha instrución a través da responsabilidade disciplinaria".

"Iso é o que hai que distinguir, no ámbito da instrución hai un sistema de recurso en decisións que toma o xuíz como poder xudicial e nesas non pode entrar o Consello Xeral do Poder Xudicial, e para iso as partes teñen unha vía moi directa que son os recursos ante o Tribunal Superior que ten que corrixir ou non corrixir si a instrución alongouse máis da conta", explicou.

Ademais, o avogado de De Lara incidiu en que "o que non se pode é utilizar a vía da responsabilidade disciplinaria para corrixir funcións que son xurisdicionais". Tamén apelou a que se trata de instrucións "moi complexas, con informes policiais, periciais, onde existen moitos elementos" que son alleos aos xuíces, o que vincula á falta de provisión de medios materiais e persoais. Así, asegurou que "o Tribunal Supremo, cando fala de responsabilidade disciplinaria, di que se teñen que ter en conta eses factores".

"HAI QUE TER EN CONTA TODOS OS FACTORES"

En definitiva, o avogado madrileño subliña que "para xulgar a conduta dun xuíz desde o punto de vista disciplinario hia que ter en conta todos os factores, sexan favorables ou desfavorables ao xuíz, e unha das características que ten a orixe desta responsabilidade disciplinaria na inspección é que só se foron a ver cales son os factores negativos en contra da xuíz (Pilar de Lara) e non se valoraron outros factores".

Polo demais, en canto ao estado do expediente, Agustín Azparren incidiu en que aínda están pendentes do recurso por "denegación de probas", constatando que se está producindo un "atraso" na resolución de recursos por parte do CGPJ.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta