Noriega critica ao PSOE santiagués por "compartir" estratexia co PP

Censura que Sánchez Bugallo "recete parálise" para a cidade, en referencia á súa proposta de suspender o proxecto do novo acceso á intermodal de Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, censurou que o candidato socialista para as municipais, Xosé Sánchez Bugallo, "recete parálise" para a cidade despois de que o ex rexedor solicitase a suspensión do proxecto de acceso á intermodal de Santiago pola rúa Clara Campoamor. Sobre isto, Martiño Noriega criticouno por "compartir" coordenadas co PP ao coincidir en opinión con membros da Xunta.

Noriega criticou que Bugallo acuse o goberno municipal de "paralizar" a cidade e, ao mesmo tempo, "recete maior parálise" coa oposición do seu grupo político aos orzamentos municipais deste ano, a reclamación de suspender a tramitación do Plan Especial do Centro histórico e a paralización do proxecto de accesos á intermodal.

Así, tras afirmar que o ex rexeidor compostelán practica "a homeopatía do público", afeou a Bugallo que "comparta coordenadas" co Partido Popular e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen o pasado luns dixo compartir "totalmente" as críticas realizadas polo candidato socialista ao proxecto de reurbanización da citada rúa.

"Non sei se Agustín Hernández (PP) terá hoxe un ataque de celos", ironizou Noriega, quen censura que Sánchez Bugallo se aliñe co discurso da "conselleira máis desleal cara á cidade".

Bugallo (PSdeG) pide a paralización das obras de acceso á intermodal
Bugallo (PSdeG) pide a paralización das obras de acceso á intermodal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta