Animalistas piden investigar se as 87 peles de raposos interceptadas en Ferrol proceden de torneos de caza

A furgoneta que transportaba os restos animais non cumpriría a normativa para o transporte deste tipo de produtos, din Libera e FFW. Alertan que "non é unha situación illada" porque "hai unha carencia de medios" para controlar o destino final dos animais batidos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron que se investigue o achado por parte da Garda Civil de Ferrol de 87 peles de raposos. Ambos colectivos solicitan que se estude se proceden dos "campionatos" de caza desenvolvidos estes meses na provincia da Coruña.

As peles foron localizadas nunha furgoneta que, segundo estas asociacións, non cumpriría coas disposicións normativas para o transporte de produtos cualificados como 'Sandach', tamén chamados "subproducto animal non destinado ao consumo humano".

Os animalistas pediron que as pescudas se dirixan á posible orixe dos cadáveres animais e apuntan a que podería tratarse das "batidas de raposos" que se realizan na provincia da Coruña. Libera e FFW aseguran que estas prácticas están "absolutamente descontroladas" porque hai "unha recoñecida carencia de medios técnicos e humanos para fiscalizar tanto a actividade como o destino final dos animais abatidos".

Neste sentido, os colectivos reclaman un "verdadeiro reforzo" dos efectivos, para previr máis casos destas características. "Non é unha situación illada", din, "á vista do enorme número de animais que se cazan en Galicia e cuxas peles poden estar a ser transportadas e vendidas a terceiras empresas ou intermediarios de forma irregular".

FFW e Libera reclaman "man dura" ante este tipo de accidentes e alertan que o transporte "ilegal de produtos de orixe animal podería supor, tan só, "3.000 euros".

A Garda Civil de Ferrol intercepta 87 peles de raposo sen documento nunha furgoneta. GARDA CIVIL
A Garda Civil de Ferrol intercepta 87 peles de raposo sen documento nunha furgoneta. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Menuda salvaxada. ¿ E hai xente que merque esas peles ? Seica ainda quedan residuos babeantes dos cromagnon. Os animais, mellor vivos.