Os restaurantes estarán obrigados a dar as sobras das comidas aos seus clientes

Deberán ser entregadas en envases reciclables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A Xunta prepara unha lei que, entre outras cuestións, obrigará aos restaurantes galegos a entregar as sobras aos clientes en envases que non conteñan plástico e que, preferiblemente, deberán ser reutilizables.

Esta é unha das principais medidas do anteproxecto da Lei galega de residuos e chans contaminados, que iniciou este xoves a súa tramitación co visto e prace do Consello da Xunta.

En rolda de prensa posterior á reunión do seu goberno, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a nova normativa --que a Xunta prevé levar ao Parlamento no último trimestre do ano-- "incidirá na prevención, reutilización e loita contra o desperdicio alimentario e os plásticos".

Así, ademais da medida que obrigará aos restaurantes a entregar as sobras dos menús aos clientes, o anteproxecto contempla adiantar a 2020 a prohibición en Galicia da comercialización de vaixelas de plástico, reducir nun 30% os residuos alimentarios no ano 2025 e incrementar o uso de envases reutilizables.

Croquetas do Restaurante Onde Marian. RESTAURANTE ONDE MARIAN - Arquivo
Croquetas do Restaurante Onde Marian. RESTAURANTE ONDE MARIAN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta