Investigadores galegos participan nun proxecto que trata de avaliar o impacto dos aditivos químicos do plástico no medio mariño, co obxectivo de buscar evidencias que apoien as iniciativas lexislativas da Unión Europea sobre a fabricación e xestión destes produtos.
  comenta   0
Unha vez aprobada a norma, tanto os transportistas da UE como os de terceiros países estarían obrigados a evitar perdas de granza de plástico, así como a limpalas no caso de que se produzan e tamén a informar as autoridades sobre o seu establecemento e a súa participación no transporte de pélets plásticos.
  comenta   0
Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 22.00 horas na rúa das Pereiras.
Sara Rey, coordinadora da asociación A Mariña sen Plástico, asegura que eles se percataron destas boliñas o sábado pola mañá, pero que xa lles está escribindo xente que as detectara antes. As causas descoñécense.
  comenta   0
Así mesmo, localizaron outra serie de obxectos como botes e botellas de plástico e de vidro, dous móbiles, un extintor e outros obxectos plásticos non identificables.
Os rapaces e rapazas do instituto de Félix Muriel decidiron emprender este mércores a comunicación de guerrilla para concienciar sobre a contaminación: montaron un posto no mercado no que venderon lixo modelado con formas artísticas a cambio de tempo, non de cartos. Exactamente a cambio do tempo en que cada tipo de residuo tarda en degradarse. A acollida foi marabillosa.
  comenta   0
O pleno do Parlamento Europeo apoiou este martes medidas máis estritas para previr novas verteduras de pélets de plástico como o que afectou no principio do ano as costas galegas co obxectivo de lograr as "perdas cero" e responsabilizar aos operadores da súa limpeza no caso de que ocorran.
  comenta   0
A contaminación dos plásticos é das máis preocupantes para o medio ambiente, pero tamén chega ata os seres humanos. "Os nanoplásticos están ata na auga da billa, e mesmo na auga embotellada, polo desprendemento do propio plástico co que está feito o envase", detalla o experto a Galicia Confidencial.
  comenta   0
Virginia Barros, presidenta da Asociación Mar de Fábula, reflexiona con Galicia Confidencial sobre a gran problemática dos residuos. Os temporais que estes días azotan a costa galega deixan ao descuberto o lixo que hai nos mares e, mesmo aqueles residuos plásticos que a xente bota no contedor amarelo, "a realidade é que case ningún se pode reciclar", porque "están feitos de distintos tipos de plástico que habería que separar".
  comenta   0
O 7 de xaneiro de 2023 saiu unha lei pola que a industria tabaqueira quedaba obrigada a pagar a recollida de cabichas en toda España, tanto nas rúas como nas praias. Que pasou con esa normativa? Estanas limpando? Dende Galicia Confidencial falamos con Dayana del Puerto, da Asociación Noia Limpa, sobre esta problemática.
  comenta   0
Este plan márcase os seguintes obxectivos antes de que termine 2025 no peso de reciclaxe de residuos industriais: do 50 % en envases de plástico, do 25 % en envases de madeira, do 70 % en envases de metais ferrosos, do 50 % en envases de aluminio, do 70 % en envases de vidro e do 75 % en envases de papel e cartón.
  comenta   0