O Día das Enfermidades Raras axudará a visibilizar as persoas con este tipo de doenzas

O 28 de febreiro é o día que recorda ás 200.000 persoas afectadas en Galicia por enfermidades que teñen un difícil tratamento e recadaranse fondos para a Fundación Galega de Enfermidades Rarras e Crónicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas facilitará información e recadará fondos esta semana con motivo do Día das Enfermidades Raras, que afectan a máis de 200.000 persoa en Galicia, que se celebrará este xoves 28.

Coa finalidade de difundir e visibilizar este sector no ámbito galego, a entidade disporá de mesas informativas e de recadación de fondos en diferentes zonas da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Noia, Pontevedra e Vigo.

Tamén, co apoio e colaboración dos concellos galegos, iluminarán monumentos ou elementos emblemáticos "para xerar curiosidade e, paralelamente, representar á Federación e ao seu colectivo", explicou nun comunicado.

"Este ano, unímonos a Feder e unificamos as cores na iluminación, deixando as cores corporativas da entidade para pasarnos ao verde", concretou.

Presentacion campaña da Federación de Enfermidades Raras
Presentacion campaña da Federación de Enfermidades Raras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta