Temas: XUNTA OURENSE

O Concello de Ourense anuncia un investimentos para a mellora "integral" da avenida Marcelo Macías

O Concello presidido por Jesús Vázquez recoñeceu que os veciños da zona transmitiron de forma frecuente estes problemas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense anunciou este mércores que a Axencia Galega de Infraestruturas redactou o proxecto para executar as obras de mellora "integral" da avenida Marcelo Macías, que terán un investimento de 1.711.280,51 euros, no tramo da estrada OU-540, un viario de titularidade da Xunta que une a cidade co municipio de Barbadás e canaliza entradas e saídas cara á N-525.

Así as cousas, os traballos centraranse en mellorar o pavimento, os servizos municipais --saneamento, abastecemento, iluminación e tráfico--, o viaduto e a sinalización, balizamento e defensas, isto é, a rehabilitación do firme da calzada, a reparación de pavimentos danados de beirarrúas, a renovación de servizos obsoletos e en mal estado, a renovación da iluminación e a adaptación dos itinerarios peonís ás normativas de accesibilidade vixentes.

Neste sentido, o ente local apuntou que o tramo de travesía urbano onde vai a actuar presenta "en xeral" un "deficiente estado do firme da calzada" e os itinerarios peonís "non están dispostos acorde á lexislación en materia de accesibilidade", e recoñeceu que os veciños da zona transmitiron de forma frecuente estes problemas.

"Somos conscientes de que se trata dunha das vías de titularidade autonómica que máis melloras precisa a día de hoxe, e por iso solicitámoslle colaboración á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Infraestruturas, que volve atender a nosa demanda para mellorar os servizos á cidadanía", sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.

O Concello de Ourense anuncia un investimento de 1,7 millóns de euros para l
O Concello de Ourense anuncia un investimento de 1,7 millóns de euros para l | Fonte: Europa Press

Temas: XUNTA OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta