Tres investigados por incendios forestais en Castrelo de Miño, Lalín e Ponteareas

Segundo os datos da Vicepresidencia da Xunta, no que vai de ano un total de nove persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica esclareceron tres incendios forestais nos municipios de Castrelo de Miño (Ourense) e Lalín e Ponteareas (Pontevedra). Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, en Castrelo de Miño axentes da Xefatura da Policía Autonómica tomaron declaración a un home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 23 de febreiro na parroquia de Santa María.

O lume, que afectou a unha superficie rasa de 0,1 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos agrícolas na que "non se observaron as medidas de precaución pertinentes", o que levou á "propagación do lume ás parcelas próximas", expoñen as mesmas fontes. No caso de Lalín, axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago colaboraron con persoal do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós para resolver este caso.

Así, os axentes tomaron declaración como investigada a unha muller como presunta autora dun incendio ocorrido o pasado 26 de febreiro na parroquia de Cercio, en Lalín. O lume, que afectou a unha superficie rasa de 0,55 hectáreas, orixinouse debido a unha queima de restos forestais para a que non contaba con autorización de Medio Rural e nas que "non se observaron as medidas de precaución pertinentes", concreta Vicepresidencia.

Mentres, en Ponteareas axentes da sede de Vigo tomaron declaración a outra muller como presunta autora dun incendio ocorrido o 24 de febreiro na parroquia de San Mateo de Oliveira. Por mor deste incendio arderon 0,2 hectáreas de terreo forestal arboledo e 0,05 hectáreas de superficie rasa. O lume orixinouse, relata a Xunta, cando a investigada realizaba unha queima de restos forestais "sen gardar as medidas de seguridade". Segundo os datos da Vicepresidencia da Xunta, no que vai de ano un total de nove persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

Bombeiros
Bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta