Temas: XUNTA MAR

Activada a alerta laranxa este domingo por temporal costeiro na Coruña e Lugo e por ventos na Mariña

Actívase tamén a alerta laranxa por vento na Mariña lucense que dará comezo no mediodía de mañá, con refachos que poden alcanzar aos 100 quilómetros por hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2019 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir da madrugada, e por vento na zona da Mariña lucense por refachos que poderían alcanzar os 100 quilómetros por hora.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteorologíca (Aemet), nas primeiras horas da madrugada deste domingo espérase mar combinado do oeste con ondas de entre 5 e 6 metros de altura, no oeste e no suroeste da provincia da Coruña.

Na costa da provincia de Lugo e no noroeste da provincia coruñesa espérase mar combinado do oeste con ondas de 6 metros e vento do oeste e de forza 7. Ademais, actívase tamén a alerta laranxa por vento na Mariña lucense que dará comezo no mediodía de mañá, con refachos que poden alcanzar aos 100 quilómetros por hora.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompientes ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada - ARQUIVO
Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada - ARQUIVO | Fonte: Europa Press

Temas: XUNTA MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta