Activado o aviso laranxa por temporal en todo o litoral galego

A Xunta aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2019 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou por temporal en todo o litoral galego a alerta de nivel laranxa, que supón que existe un risco meteorolóxico importante por fenómenos non habituais e con certo grao de perigo para as actividades usuais.

Activado o aviso laranxa en todo o litoral galego. AEMET
Activado o aviso laranxa en todo o litoral galego. AEMET | Fonte: Europa Press

Por conseguinte, a Xunta aconsellou a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas e recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

O nivel laranxa foi activado desde as 14,00 horas deste martes no litoral da provincia da Coruña con vento do Sur-Suroeste de forza 8, que se estenderá á costa de Lugo e pola tarde ao litoral de Pontevedra, onde pode alcanzar forza 9 pola noite.

Para este mércores, prevese que ao redor das 15,00 horas haxa mar combinada do Oeste, con ondas de 5 a 6 metros nos litorais da Coruña e Pontevedra e vento do Noroeste de forza 8.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta