A Xunta pensa que homes e mulleres deben ir "da man" nas reivindicacións do 8-M

A secretaria xeral de Igualdade non secundará a folga do Día da Muller, xornada na que están convocadas multitude de manifestacións en toda Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia valora que homes e mulleres teñen que ir "xuntos da man" nas reivindicacións polo día da muller, que se celebra este 8 de marzo.

Así o dixo a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, logo de ser preguntada acerca da postura do Goberno ante a folga e as manifestacións convocadas para este venres en todo o país. Nin ela nin a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez -presente no acto deste mércores-, secundarán o paro. Teñen previsto participar nunha reunión con mulleres da cooperativa Clun.

Tampouco irá ao paro o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, quen apuntou que acudirá á concentración que convocará o Executivo galego.

López Abella mostrou o apoio de "toda a Xunta" ás mulleres este 8 de marzo, "decidan o que decidan facer". É un día, subliñou, para "conmemorar e para reivindicar", un labor que corresponde "non só ás mulleres".

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade
Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta