O PP acusa a Deputación de Pontevedra de anunciar "obras que non existen"

Os populares cren que estas actuacións responden a un "intento desesperado de tratar de xustificar un mandato que non está a ser produtivo"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O grupo provincial do Partido Popular acusou ao goberno da Deputación de Pontevedra de inserir publicidade en prensa "anunciando obras que non existen ou que non se van a facer".

Nunha comparecencia ante os medios, rodeado das insercións publicitarias que consideran "unha campaña de mercadotecnia falsa", o portavoz do PP provincial, Ángel Moldes, sinalou que esta propaganda é "un intento desesperado de tratar de xustificar un mandato que non está a ser produtivo para os veciños da provincia". Así, os populares criticaron o baixo nivel de execución do orzamento do ano 2018.

Segundo o portavoz do PP, nun informe de Intervención sostense que "o grao de execución segue sendo baixo, baixo", o que, ao seu xuízo, demostra que "con datos obxectivos son o peor goberno que tivo a Deputación".

Ángel Moldes criticou que esta actuación supón unha "falta de respecto cara aos concellos, alcaldes e veciños" por parte do goberno bipartito, porque "as obras que queren facer pasar como propias da Deputación son decisión das corporacións locais", que foron "as que decidiron en que ían gastar do diñeiro". "Como moito poden dicir que a Deputación colabora, pero con diñeiro que lle pertence aos concellos", engadiu.

"Nesa obsesión de tentar dicir que 'fixemos algo' están a caer en erros moi grandes", declarou Moldes. Finalmente, o PP reclamou á presidenta da Deputación e ao vicepresidente "que pidan desculpas aos veciños".

POTEVEDRA (roda PP execución orza Dipu). PP
POTEVEDRA (roda PP execución orza Dipu). PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta