Adxudicada a redacción do novo proxecto para a terminal de autobuses da Coruña

A previsión é realizar este ano o novo deseño para dispor en 2020 do proxecto construtivo, "que permita iniciar a tramitación urbanística para, a continuación, licitar as obras da nova estación intermodal".

Por E.P. | A CORUÑA | 08/03/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a redacción do novo proxecto construtivo da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña. O contrato foi adxudicado á Consultora de Enxeñaría e Empresa S.L., por un investimento de máis de 291.000, informa o departamento autonómico.

O proxecto, incluído o aparcadoiro, terá un investimento autonómico duns 19 millóns de euros. A Consellería lembra que o Executivo autonómico financiará esta actuación con fondos propios, tal e como recollen os orzamentos da Xunta para 2019.

Por outra banda, sinala que a previsión é realizar este ano o novo deseño para dispor en 2020 do proxecto construtivo, "que permita iniciar a tramitación urbanística para, a continuación, licitar as obras da nova estación intermodal".

Autobús urbano da Coruña
Autobús urbano da Coruña | Fonte: MARC912374.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta