Leiceaga autodescártase como candidato do PSOE nas europeas: "Nin me interesa nin estou en ningunha carreira"

O portavoz do PSdeG di que a súa intención é continuar na Cámara galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O portavoz do PSdeG na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, afirmou que non está interesado en figurar na candidatura do Partido Socialista para as eleccións ao Parlamento europeas que terán lugar o próximo 26 de maio.

O portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga. EUROPA PRESS - Arquivo
O portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

"Querédesme colocar en todas as listas e non atopo a forma de dicirvos que non estou en ningunha carreira", asegurou este luns Leiceaga a preguntas dos xornalistas durante unha comparecencia de prensa no Pazo do Hórreo.

Neste sentido, asegurou que trasladou esta postura ao eurodeputado e exministro de Fomento José Blanco durante o mitin que o Partido Socialista celebrou o pasado domingo na Coruña con presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

"Onte (o domingo) díxenllo a Pepe Blanco: que saibas que non fixen ningunha chamada, nin me interesa, nin estou en ningunha carreira", sinalou Fernández Leicega, quen insistiu en que a súa intención é continuar na Cámara galega, onde podería abandonar o seu posto como portavoz nos próximos meses ante a posible entrada no Parlamento do líder do partido, Gonzalo Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta