O PPdeG reclama ao Goberno cubrir as "máis de cen" vacantes da Policía Autonómica

Os populares presentarán no pleno unha proposición non de lei relativa á área metropolitana de Vigo, na que "a Xunta cumpriu, a maior parte dos concellos, tamén".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario do Partido Popular de Galicia levará á sesión plenaria que arrinca este martes na Cámara galega unha iniciativa que pretende instar o Goberno central a convocar un concurso de méritos para a cobertura de prazas vacantes na Policía Autonómica.

Así o indicou este luns o portavoz popular no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, que concretou que "actualmente faltan máis de cen membros" no corpo da unidade de policía adscrita á comunidade autónoma. Puy destacou a importancia dun corpo "que asume en Galicia competencias relativas tanto na protección de mulleres vítimas de xénero como na loita contra os incendios forestais ou o furtivismo no marisqueo".

Así mesmo, o Grupo Popular tamén presentará no pleno unha proposición non de lei relativa á área metropolitana de Vigo, na que "a Xunta cumpriu, a maior parte dos concellos, tamén" e, segundo Puy, "só falta" que o municipio olívico que goberna Abel Caballero "retorne ao consenso" e "cumpra o convenio" asinado en 2016.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta