Impulsan a formación de empregados públicos en materia de anticorrupción

O Consello de Contas e as catro deputacións asinaron un protocolo de prevención deste tipo de prácticas para responder á crecente preocupación social

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O Consello de Contas e as catro deputacións galegas asinaron un acordo de colaboración anticorrupción que inclúe o fomento de instrumentos de prevención deste tipo de prácticas e a formación dos empregados públicos.

O protocolo foi rubricado este martes polo conselleiro maior de Contas, José Antonio Redondo, e polos representantes das catro institucións provinciais: o presidentes da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; así como o vicepresidente da de Ourense, Rosendo Fernández, e o deputado de Cooperación Municipal da de Pontevedra, Carlos López Font.

En concreto, o convenio contempla a promoción de políticas de integridade, o fomento de instrumentos de prevención de riscos de corrupción, a avaliación dos sistemas de prevención e a elaboración de modelos tipo de plans de prevención. Tamén prestaba especial atención á formación dos empregados.

Nun comunicado remitido aos medios, o Consello de Contas lembrou que dentro das súas novas competencias en materia de prevención da corrupción, este órgano abarca a promoción de instrumentos de colaboración cos órganos da administración autonómica con atribucións en transparencia. O obxectivo é promover mecanismos de autorregulación na implantación, control e seguimento dos plans de prevención de riscos da corrupción no sector público autonómico e local de Galicia.

Pola súa banda, conforme sinalou Contas, os catro entes provinciais teñen o "firme compromiso" de impulsar políticas de integridade e de prevención da corrupción como elementos estratéxicos para unha xestión pública responsable das corporacións galegas e así responder á crecente preocupación social a raíz deste asunto.

Ademais, o Consello de Contas destacou que estes protocolos se suman aos asinados o ano pasado coa Xunta (a través da Vicepresidencia e da Consellería de Educación) e a Fiscalía de Galicia en materia de prevención da corrupción.

O Consello de Contas e as deputacións galegas impulsarán instrumentos de pre. DEPUTACIÓN DE LUGO
O Consello de Contas e as deputacións galegas impulsarán instrumentos de pre. DEPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

pódenllo aplicar á cuñada de Carmela Silva con carácter retroactivo !