Barquero pecha a polémica no PSOE galego: "A miña renuncia baséase só en motivos persoais; son 'sanchista'"

Reitera o seu apoio a Pedro Sánchez e asegura que seguirá no activismo político e social.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

José Ángel Vázquez Barquero, ata este domingo portavoz socialista no Concello de Ourense e candidato á alcaldía, reafirmou que a súa decisión de renunciar "baséase só en motivos persoais" e advertiu que "ninguén vexa outro tipo de connotacións" á súa marcha.

Vázquez Barquero.
Vázquez Barquero.

Barquero confirmou este domingo a súa renuncia a ser candidato do PSOE á alcaldía e a súa decisión de dimitir como portavoz e concelleira do Concello de Ourense, aínda que quixo aclarar que con iso non deixa a política e "moito menos o Partido Socialista", do que forma parte "desde hai 20 anos" e onde continuará militando.

"Continúo no activismo político e tamén no sindical como militante da UGT, o único que fago é dar un paso ao carón no marco do PSOE para ser un militante de base", manifestou.

Doutra banda, quixo deixar claro o seu "apoio absoluto" ao secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez". "Fun sanchista desde o principio, sígoo sendo e sereino nun futuro. E o meu maior desexo é estes momentos é que Pedro Sánchez sexa o próximo presidente do Goberno", concluíu.

Tamén trasladou a súa renuncia o concelleiro do PSOE José María García Tejerina. En concreto, argumentou a súa marcha por "lealdade". "Entrei da man de Barquero e voume con el. A lealdade é unha virtude que sempre practiquei e son fiel aos meus principios", declarou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ramón da Ponte

Un mediocre de primera categoría que lleva años arrastrándose para conseguir un puesto.