As Malvinas quere negociar un acordo coa flota galega independente do Reino Unido

Nas augas deste arquipelago que está fronte a Arxentina faenan 24 barcos galegos.

Por Galicia Confidencial | As Malvinas | 20/03/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O goberno das Malvinas (Falklands, en inglés) anunciou que negociará coa UE un acordo por separado tras o Brexit. Un acordo que implicaría aos 24 buques galegos que faenan nestas augas.

Barcos de pesca faenando nas Malvinas ( Falklands)
Barcos de pesca faenando nas Malvinas ( Falklands) | Fonte: CEPA

Teslyn Barkman, o líder do Departamento de Recursos Naturais e do territorio, destacou que as Falklands necesitarán negociar unha relación futura co EU independentemente da do Reino Unido.

Segundo informan medios británcios, a pesar da incerteza sobre a situación política no Reino Unido a conta do Brexit, o goberno das Malvinas é optimista. As súas autoridades cren que se chegará a un “bo acordo” na relación comercial coa Unión Europea. En todo caso, e senón é así, negociarán directamente pola súa conta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta