Por Europa Press / Redacción | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 14:58
O Consello da Xunta deu luz verde ao comezo da tramitación parlamentaria da lei para a dixitalización da administración galega, coa que pretende converter "en residual" o uso do papel para a xestión de trámites administrativos a través da creación dunha plataforma "única" que estará dispoñible "as 24 horas do día os 365 días do ano".
Así o explicou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo celebrada este xoves e que autorizou o inicio do camiño para que a nova lei chegue ao Parlamento de Galicia.
O proceso de dixitalización da administración autonómica levará a cabo a través dunha normativa que inclúe a creación da figura do "funcionario habilitado", que terá a potestade para "realizar trámites telemáticos" en nome dun cidadán que así o solicite.
Ademais, os galegos disporán dun "cartafol" nos arquivos da administración pública na que figurarán "todas as súas relacións" coa Xunta a semellanza da historia clínica que cada paciente ten no Sergas.
Esta medida contrasta cos millóns de euros que a Xunta dálle aos grandes medios de comunicación por manter vivas as súas edicións en papel. E iso, a pesar de que o propio presidente da Xunta recoñecía este xoves, que a era do papel está tocando ao seu fin.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.