Así foi a visita de Felipe VI a Galicia no Día dos Bosques

Por Galicia Confidencial | | 22/03/2019 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A Casa Real española vén de facer público un vídeo da visita que o rei Felipe VI fixo esta semana a Boqueixón (A Coruña), no marco do Día Internacional dos Bosques. No Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, estivo acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do delegado do Goberno, Javier Losada, do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices e do conselleiro do Medio Rural, José González, entre outras autoridades.

O Rei Felipe VI preside o acto central do Día Internacional dos Bosques
O Rei Felipe VI preside o acto central do Día Internacional dos Bosques | Fonte: Europa Press

Nunha camiñada a pé de preto de 20 minutos, percorreu as instalacións do Centro de formación, por unha senda rodeada de campos con distintos animais como vacas, cabras ou cabalos, e con plantacións forestais de eucaliptos, piñeiros ou carballos, mesmo unha plantación de pseudotsugas menziesii, unha especie orixinaria de Norteamérica, tamén coñecida como piñeiro de Douglas ou piñeiro de Oregón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta