Xiro inesperado no conflito das ambulancias

Finaliza sen acordo a reunión entre patronal e sindicatos para aprobar definitivamente o convenio das ambulancias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

A reunión entre a patronal galega das ambulancias e os sindicatos concluíu sen que as partes alcanzasen un acordo definitivo para aprobar o convenio que rexerá o sector do transporte sanitario de Galicia ata o ano 2022.

O encontro celebrouse ao longo da tarde do luns e finalizou ao redor das 20,30 horas. As partes emprazáronse a realizar unha nova reunión o próximo 1 de abril ás 16,00 horas para ultimar os detalles do convenio tras o preacordo alcanzado o pasado luns polo que se desconvocou a folga no sector.

Fontes sindicais consultadas por Europa Press apuntaron que o principal motivo de desencontro é a fixación do salario para os contratos en prácticas e a porcentaxe de contratos indefinidos a asumir polas empresas.

Por parte da Federación Galega de Empresarios das Ambulancias sinalan que a reunión levou a cabo baixo un ambiente cordial e que as negociacións, desbloqueadas despois do preacordo asinado na madrugada do 19 de marzo, avanzan en boa dirección.

O preacordo do convenio, que, entre outras cuestións, recolle unha táboa de subidas salariais de entre o 18 e o 20 por cento ata o ano 2022, foi ratificado a pasada semana polos traballadores do transporte sanitario de Galicia, que desconvocaron a folga indefinida prevista a partir do 20 de marzo.

Satse condena os actos vandálicos a ambulancias do 061 e lembra que os enfe. FEGAM
Satse condena os actos vandálicos a ambulancias do 061 e lembra que os enfe. FEGAM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta