Galicia rexistra 103 mortos con gripe desde o inicio da tempada

Deles 48 non estaban vacinados e 53, si. O Sergas destaca que "se segue nunha difusión xeográfica local", con "intensidade basal" e "tendencia decrecente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 103 falecidos con gripe --dos que 61 morreron polo virus-- desde o inicio da tempada, dos que 48 non estaban vacinados.

Virus gripe. CSIC - Arquivo
Virus gripe. CSIC - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así se sinala no vixésimo informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' que publica o Sergas, recollido por Europa Press, no que se concreta que no que vai de tempada houbo 61 mortos por gripe e 42 falecidos máis co virus.

Desde o inicio da tempada e ata as 8,15 horas do xoves 28 de marzo declaráronse en Galicia 2.073 ingresos dos que 1.783 xa recibiron o alta. Ademais, o documento sinala que do total, 129 requiriron asistencia en UCI e dos 1.833 que tiñan indicada a vacina, 882 non a recibiron.

O Sergas concreta no informe que, segundo os rexistros de gripe en Atención Primaria, constátase "un descenso respecto da semana anterior", polo que a intensidade da actividade gripal "segue por baixo do limiar epidémico".

En canto ás chamadas ao 061 por gripe e infeccións respiratorias agudas (IRA) mostran "unha situación de estabilidade" respecto da semana anterior, ao manterse entre 101 --na semana 11-- e 107 --nas actual--- chamadas semanais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Magufada

E normal que entre os falecidos haja pessoas vacinadas porque quem se vacina de forma prioritária sao o grupos de risco, nomeadamente as pessoas idosas.