Conde Roa: "Van a sentir o noso alento na caluga"

O alcalde de Santiago relaciona ao activismo cultural coa "guerrilla urbana" tras o desaloxo da Yago e os incidentes do mércores á noite.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/11/2011 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O edil de Compostela aproveitou os incidentes durante a manifestación de apoio á 'okupación' da Sala Yago para volver a criminalizar aos activistas sociais e culturais da capital de Galiza. Fíxoo, iso si, sen dar nomes.

"Van sentir o noso alento na caluga", declarou o político do PP esta mañá en rolda de prensa. O alcalde prometeu aproveitar "o mínimo resquicio legal" para "volver a pechar, se é preciso, locais onde este tipo de xente adícase a pensar ou deseñar este tipo de accións".

A quen se refire en concreto o mandatario? Conde Roa non deu nomes, pero o único centro social que puido pechar por iniciativa do Municipio é a Gentalha do Píchel. O local cultural evitou a perda de licencia na lexislatura anterior ao adaptar as súas instalacións á normativa para discapacitados grazas a unha campaña de donativos.

O conservador promete incrementar a "vixilancia" sobre estes locais, sen decir cales, que revisará "un por un". "O casco vello de Santiago non é o casco vello de San Sebastián", conclúe.

O líder do PP de Santiago reacciona así aos estragos causados, segundo a Polcía, por manifestantes na protesta en contra do desaloxo da Sala Yago. Os antidisturbios impediron que os cidadáns entrasen na zona vella mediante varias cargas.

A protesta trasladouse á zona nova, onde o Concello di que houbo cubos do lixo queimados e volcados, ademais de ataques a bancos, cabinas e escaparates.

Os once detidos ontes no interior do inmóbel ocupado xa están en liberdade. Segundo informa Galiza Livre só están imputados por "usurpación", o que indica que a acusación inicial da Policía de posesión de materiais para facer 'cócteles molotov' non se formalizou polo de agora.

Conde Roa prometeu que o Concello será acusación particular no caso ante os supostos estragos causados polos okupas no cinema. Dende a oposición, Rubén Cela (BNG) cualificou de "desproporcionada" a intervención policial pero non xustificou a ocupación.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

9 Pinchorla

Queriades populares? Pois idesvos cansar da popularidade dos populares. Mesmo os que lles deron o seu voto. O que se chama raciocinio ou conducta democrática, entre os populares, só é boa para eles. Non hai máis que acodir as hemerotecas, mesmo ás que lles dan miles de euros para que falen ben deles ou desinformen.

8 Bidueira

Non sei ben por que, pero a palabra caluga lémbrame cousas que pasaban polas noites neste noso país no ano 36. E ver ou escoitar a xente como Conde Roa tamén.

1 Aureliano Buendía

Onde, en Rusia? o camarada matou tanta xente que ata os marxistas lle atribúen entre 15 e 40 millóns. Aquí, tristemente, tamén mataron moita xente. Pero para que lembrar, mellor centrémonos. Creo que falabamos dunhas persoas que se autoerixen en defensores do pobo (pasando por alto que o pobo elixíu outros) e se adican a usurpar propiedades privadas (mentras as propias e da familia seguen sendo de uso privativo) e a causar desordes públicos con episodios violentes de contenedores tirados, lixo polo chan, tráfico cortado. E que se non centramos o tema podemos confundir o sentido das verbas do alcalde coa guerra civil.

2 Antón

Aureliano deixa de ver fazañas bélicas, onde contabilizas ti 40 millóns? falabarata, en qué historiador baseaste? contas os abotos o teu incluido? aborto por certo que foi a Unión Soviética o 1º pais en ser legalizado o igoal que a homosexualidade ou as vacación pagadas ou a xornada de 8 horas ou a emancipación da muller, o teu é moi dun decrecionista burgués que lle atrivue os famentos do corno de África a depredación capitalista

3 Aureliano Buendía

A pesar da túa brusquedade agradezo a sinceridade. Deste xeito dasme a posibilidade de indicar de onde quito os datos, en concreto da "Historia do Século XX" de Eric Hobsbauw ( http://es.wikipedia.org/wiki/Eric_H... ) como ves non parece discípulo da escola austriaca nin de Milton Friedman. E para que vexas que intento ser imparcial (non como a redacción deste artígo nin os comentaristas) direiche que, en xeral, fala de bastantes cousas que se fixeron ben na URSS. É un libro que che recomendo.

4 Aureliano Buendía

Ah, non confundas o que digo e o que penso, co que ti interpretas e pensas que penso. Vásteme parece aos que len El Mundo que só ven o mundo a través dos anteollos dos "periodístas" que o escreben. Por se che interesa, para que mires algo máis sobre decrecionismo: http://www.sinpermiso.info/articulo... Un saúdo

5 Kike

Estou de acordo con Aureliano

6 Hermerico

usurpar propriedades privadas? A propriedade privada dos especuladores é sagrada, como vos atrevedes a usurpá-la?

7 Aureliano Buendía

Non entendo moi ben o que é "criminalizar", se perseguir os que incumplen a lei iso está ben. O malo non é de quen criminaliza, senón de quen comete o crime. O lider do PP reacciona así aos estragos causados... segundo a policía. Bueno, parece que se cuestiona que os feitos tiveran lugar e poida ser un conto da policía. Curioso, porque os feitos foron feitos á vista de todo o mundo.

1 Kike

Completamente de acordo contigo .

2 Hermerico

Eu tampouco percebo bem o que é criminalizar, porque se o supremo tribunal fascista indulta torturadores e nom os "criminaliza", quando os torturadores fam umha foto dumhas garrafas de plástico e dim que com isso se pode fazer muito dano (eles que andam a óstias dia sim e dia também), eles que som os primeiros a delinquie nom cumplindo a lñei que os abriga a se identificar com um número na farda, falar de lei é brincadeira e burla dos fascistas que apoiam o regime do ppsoe E os únicos feitos à vista fôrom a violência policial. De resto, literatura jornalisticopolicial

6 Manoliño

E non sendo o tal Rubén Cela -que case que soa mais que a pantasma de Xurxo Ayán que senón ten fans fais el fan de si mesmo-- quen queimou a portada románica do rectorado que da á praza de España, senón outro bloqueiro que por estes méritos foi nomeado concelleiro de cultura ¿alguén sabe a opinión que ten o tal Rubén Cela deste feito, que lle parece que un camarada seu cometera un delicto contra o patrimonio cultural galego e non pagara por el?

1 Gamela

por que non lle mandas un trago ao botellón de lixivia de 5 litros... para aclarar a gorxa ? Non mo tomes a mal... non vaia a ser o demo... ha ha ha

2 Manoliño

¿Por qué non te fas un dedito que es muy fácil y muy bonito? Tamén para que non o tomes a mal(fodida) XD

3 Santiago

Ademais de non ter coñecemento do que falas (como xa quedou claro no teu anterior comentario) tampouco tes graza o único que che queda é a teimudez pero non vai acompañada da razón.

4 yago

manoliño,ignorante machista,ogalla estiveses onte na rua e acabases dentro dun contenedor o que lle prenderan lume,non o tomes a mal...borricobozal

5 Manoliño

¿Credes que me importa algo o que poida dicir alguén como vós? Aquí o que hai que saber é o que opina o tal Rubén Cela dun bloqueiro que queimou a portada románica do rectorado, e punto. PS: yago, para ti que sexan dous deditos, tampouco o tomes a mal, eh, ou si, como ti queiras.

5 Gamela

Agardando que antes de botar o alento faga unhas gárgaras con mentol... semella que Xerardo CR pensa seguir os pasos do seu mentor (Fraga) cando berraba dende o Ministerio do Interior: "la calle es mía"! Ogallá non haxa máis "cargos" cando a fiscalía califique os feitos... Agora cómpre ser máis intelixentes e se pechan locais en Santiago... convocar unha KEDADA na Cafetería do Hostal dos Reis Católicos para "reactivar a economía" ? E lembrade que non hai mellor GRITO co SILENCIO! http://gamela00.blogspot.com/2011/1... [R]EVOLUCION

1 Aureliano Buendía

Agora xa lle saíron imitadores ao Fraga, xa non só actúan como se a rúa fose deles tirando contenedores en emporcallandoa, senón que mesmo usurpan as atribucións dos propiestarios das propiedades privadas.

2 Xanti

Mi mah, menos mal que atopo alguén con sentidiño.