Conde Roa: "Van a sentir o noso alento na caluga"

O alcalde de Santiago relaciona ao activismo cultural coa "guerrilla urbana" tras o desaloxo da Yago e os incidentes do mércores á noite.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/11/2011 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O edil de Compostela aproveitou os incidentes durante a manifestación de apoio á 'okupación' da Sala Yago para volver a criminalizar aos activistas sociais e culturais da capital de Galiza. Fíxoo, iso si, sen dar nomes.

"Van sentir o noso alento na caluga", declarou o político do PP esta mañá en rolda de prensa. O alcalde prometeu aproveitar "o mínimo resquicio legal" para "volver a pechar, se é preciso, locais onde este tipo de xente adícase a pensar ou deseñar este tipo de accións".

A quen se refire en concreto o mandatario? Conde Roa non deu nomes, pero o único centro social que puido pechar por iniciativa do Municipio é a Gentalha do Píchel. O local cultural evitou a perda de licencia na lexislatura anterior ao adaptar as súas instalacións á normativa para discapacitados grazas a unha campaña de donativos.

O conservador promete incrementar a "vixilancia" sobre estes locais, sen decir cales, que revisará "un por un". "O casco vello de Santiago non é o casco vello de San Sebastián", conclúe.

O líder do PP de Santiago reacciona así aos estragos causados, segundo a Polcía, por manifestantes na protesta en contra do desaloxo da Sala Yago. Os antidisturbios impediron que os cidadáns entrasen na zona vella mediante varias cargas.

A protesta trasladouse á zona nova, onde o Concello di que houbo cubos do lixo queimados e volcados, ademais de ataques a bancos, cabinas e escaparates.

Os once detidos ontes no interior do inmóbel ocupado xa están en liberdade. Segundo informa Galiza Livre só están imputados por "usurpación", o que indica que a acusación inicial da Policía de posesión de materiais para facer 'cócteles molotov' non se formalizou polo de agora.

Conde Roa prometeu que o Concello será acusación particular no caso ante os supostos estragos causados polos okupas no cinema. Dende a oposición, Rubén Cela (BNG) cualificou de "desproporcionada" a intervención policial pero non xustificou a ocupación.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

4 Keki

Receber o alento do Conde Roña na caluga??... que nojo!! "Resquicios legales" ?? Decerto som os mesmos que os "demócratas" do PP querem empregar para deixar sem grupo parlamentar próprio como lhes corresponde por direito aos 7 parlamentares de Amaiur. Que nojinho de gentinha!!

1 Aureliano Buendía

Amaiur debe ter grupo propio. Están onde están porque foron elixidos polo pobo, é se alguén afirma que son ETA debe demostralo e os membros do partido detidos. Senón é así que calen, que gobernen e deixen de dar a lata. Respecto aos que usurpan o que non e deles e secuestran o dereito de pobo a circular polas rúas tirando contenedores e emporcallando a rúa, estou dacordo co Alcalde. Nestos casos agradecese a firmeza.

3 Fragabarne

A queima da porta da reitoría foi no ano 84, daquela o tal Cela, se estaba neste mundo sería un cativo. Que alzheimer galopante ten o Manuelito este, todo lle vale para enfoscallar pero non dá unha, meu probe.

2 Santiago

Pois só co alento de CR xa se poden facer cócteles molotov, dependendo da hora á que o pilles claro

1 Manoliño

¿Este Rubén Cela non será un que nos seus tempos de estudante queimou a portada do rectorado que da á praza de España, sendo ao pouco nomeado concelleiro de cultura e do que agora din os seus canciños que ao mellor estaba por alí pero non foi el o que prendeu o lume?

1 Santiago

Non sabes nin do que falas e agora deixáchelo claro clarinete. Perdiches unha inmellorable oportunidade de ficar calado e agora demostraches que non tes nin p.. idea de quen e quen e o que fas é ladrar a todo o que se move

2 Aureliano Buendía

Parece que Rubén é disos para os que a policía sempre se excede mentras que os que actúan claramente contra a lei tan só manteñen condutas non de todo inaxeitadas. Soame a aquilo de "los chicos de la gasolina". País.