Continúan os incendios: tres lumes arrasan case 130 hectáreas en Ourense e Lugo

Un lume en Verín queimou 66 hectáreas e outro en Muras arrasou 25. A estes hai que sumar outras 35 hectáreas no incendio de Palas de Rei.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/04/2019 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O incendio forestal que queimou unhas 66 hectáreas de superficie na localidade ourensá de Verín foi dado por estabilizado polos medios de extinción.

Incendio en Verín
Incendio en Verín | Fonte: @BrifLaza

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, ás 15,39 horas deste martes iniciouse un lume na parroquia de Vilamaior do Val, no termo municipal de Verín. Para o seu control mobilizáronse un técnico, sete axentes, 13 brigadas, cinco motobombas, unha pa, oito helicópteros e un avión.

Pola súa banda, quedou extinguido o incendio de Muras (Lugo), na parroquia do Burgo, ás 19,47 horas, tras comezar ás 2,21 horas deste martes. Arrasou 25 hectáreas de monte raso e en apagalo participaron dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, unha pa e un helicóptero.

Pola súa banda, ás 14,25 horas deste martes quedou extinguido o lume declarado ás 19,18 horas do luns na parroquia de Pambre, en Palas de Rei (Lugo). Debido a este lume ardeu unha superficie de 35 hectáreas, de elas 14 de monte arboredo e 21 de raso.

Para extinguir este incendio mobilizáronse seis axentes, 14 brigadas, seis motobombas, dúas pas e seis helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta