SERGAS e o comité de folga de primaria reuniranse o venres para abordar as reivindicacións dos traballadores

O comité de folga acudirá este xoves ás 12,00 horas á reunión co Sergas para abordar os servizos mínimos da folga e este venres ás 9,30 horas a outra para analizar as reivindicacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O comité de folga acudirá este venres a unha reunión con representantes do Sergas para abordar os seus "cinco puntos irrenunciables", entre os que inclúen a apertura dunha mesa de diálogo para tratar as demandas dos profesionais sanitarios recollidas na convocatoria de paros para o 9, 10 e 11 de abril en Atención Primaria en Galicia.

Manifestación sanidade pública Santiago de Compostela
Manifestación sanidade pública Santiago de Compostela | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Xosé María Dios, un dos portavoces da Coordinadora Galega de Atención Primaria --que promove os paros convocados formalmente por seis sindicatos-- e membro do comité de folga, aclarou que a reunión á que foron convocados este venres polo Sergas "non é" a mesa de diálogo que piden que se abra para abordar os seus "cinco puntos irrenunciables".

Neste sentido, explicou que se trata dunha reunión á que foi citado o comité de folga ás 9,30 horas deste venres para analizar as reivindicacións que se inclúen na convocatoria de folga, entre as que figura a apertura dunha mesa de diálogo para tratar o "cinco puntos irrenunciables". "Non deben de ser moi inconcretas as nosas reivindicacións como di o señor Campa (xerente do Sergas)", destacou este portavoz en relación á convocatoria deste venres.

Neste sentido, preguntado sobre se a reunión deste venres é a mesa de diálogo pedida polos convocantes da folga para poder freala, asegurou que "non pode ser". "Unha vez aberta a mesa de diálogo teremos que nomear á xente que ten que ir", dixo para referirse a representantes de sociedades científicas, colexios médicos, sindicatos, outras entidades sanitarias e Administración.

Deste xeito, o comité de folga lembrou que solicitan na convocatoria unha mesa de diálogo que o Sergas "ten que negociar previamente co comité". "Se a abren antes da folga sería o ideal", manifestou este portavoz da Coordinadora, que avanzou que nese caso reuniríase o comité e estudaría "modificar" a convocatoria de paros de abril. "Queremos seguir para adiante, con boa vontade", aseverou. Por iso, o comité de folga acudirá este xoves ás 12,00 horas á reunión co Sergas para abordar os servizos mínimos da folga e este venres ás 9,30 horas a outra para analizar as reivindicacións.

"FACENDO POLÍTICA"

En relación ás críticas realizadas o luns polo xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, tras ser anunciada formalmente a convocatoria de folga, Xosé María Dios reprochoulle que critique que a convoquen o último día de prazo e fale de demandas "inconcretas" cando piden que se cre "unha xerencia de Atención Primaria", máis orzamento para este nivel asistencial e que "se convoquen todas as prazas necesarias de médicos e pediatras". "Onde está a inconcreción", preguntouse.

Así mesmo, sobre a acusación de "rumbo político" do xerente do Sergas, este representante da Coordinadora preguntou se non poden "facer política". "Claro que estamos a facer política indirectamente para mellorar a Atención Primaria", concluíu. "Os puntos son cinco e irrenunciables", insistiu este membro do comité de folga, porque "a sanidade merece algo máis que este tres materias ás que responde Campa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta