Os traballadores de Ferroatlántica demandan un "marco enerxético estable"

En Común-Unidas Podemos empraza ao Goberno para establecer "un horizonte industrial real".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

Os traballadores de  Ferroatlántica demandaron un "marco enerxético estable" que lles permita reactivar os fornos e ser competitivos no sector da industria  electrointensiva Así o manifestou, en declaracións aos medios, o portavoz do comité de empresa de  Ferroatlántica en  Sabón, Francisco Branco, tras manter unha reunión cos candidatos de En Común-Unidas Podemos  Yolanda Díaz e  Antón Gómez-Reino, quen se achegou ata a fabrica, situada no Polígono de  Sabón (Arteixo) para comprobar in situ a produción da mesma.

Traballadores de Ferroatlántica de Cee
Traballadores de Ferroatlántica de Cee | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

"Necesitamos un marco enerxético estable, con prezos competitivos", dixo o representantes dos traballadores, mentres que os candidatos de En Común-Unidas Podemos coincidiron en criticar a " inacción" do Goberno central co sector industrial. Un sector que "necesita solucións inmediatamente", apunta Gómez-Reino.

Por iso, emprazou ao Goberno a que teña "un horizonte industrial real" para esta planta de  Ferroatlántica, un empresa onde "se están elaborando diferentes patentes que se exportan por todo o mundo".

COMPETIR CO RESTO DE EUROPA

Díaz, pola súa banda, denunciou a postura do Goberno que, a diferenza de Alemaña, Francia ou Italia, "non define un prezo da enerxía industrial que sexa estable, certeiro e competitivo" "Este Goberno non quere enfrontar as eléctricas porque ten xente nos seus consellos de administración", sinalou  Yolanda Díaz, que considera que o estatuto  electrointensivo exposto polo Goberno "non serve para nada". "É unha proposta para dicir que se fai algo pero non se fai nada", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta