En Marea reclama o dereito a unha morte digna

Luís Villares comprométese a apoiar unha "maioría social de progreso" no Congreso se obteñen representación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2019 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reclamou este sábado unha lei que recoñeza o "dereito a unha morte digna" e asegurou que a súa organización política apoiará unha "maioría social de progreso que garanta dereitos para toda a cidadanía sen deixar atrás a axenda galega", se consegue representación no Congreso o próximo 28 de abril.

Villares reclama o 'dereito a unha morte digna' e comprométese a apoiar unha. EN MAREA
Villares reclama o 'dereito a unha morte digna' e comprométese a apoiar unha. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Na Convención Electoral que En Marea celebrou en Santiago, Villares sinalou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "se equivoca ao dicir que indultará a Ángel Hernández" (o señor que axudou a morrer á súa muller enferma de esclerose múltiple), xa que, ao seu xuízo, "o que habería que facer é reformar a lei para que non haxa ningunha condena máis como esta".

"Non basta con indultar a aqueles que teñen máis éxito mediático", reprochou ao Executivo estatal Villares, quen lamentou a "vergoña" que tivo que pasar Hernández de estar detido "mentres a súa muller estaba no tanatorio".

No encontro, os candidatos de En Marea para as eleccións xerais falaron sobre os "problemas sociais" aos que a formación aspira a pór solución "coas 299 medidas urxentes para Galicia" do seu programa electoral.

"MAIORÍA ALTERNATIVA"

Entre outros asuntos, Villares subliñou que En Marea traballará para conformar unha "maioría alternativa en clave democrática" nas institucións do Estado, "pero priorizando as necesidades e os investimentos para Galicia".

"Non imos conceder ningún cheque en branco. O noso é un contrato coa cidadanía de Galicia, un contrato social para non deixar a ninguén atrás, para ampliar dereitos e fomentar investimentos que posibiliten o desenvolvemento socioeconómico de Galicia, a cohesión territorial e as oportunidades para que os que marcharon poidan volver", destacou o portavoz.

Así, referiuse ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de Sánchez, dos cales lamentou a baixada do investimento en Galicia "dun 40%", polo que destacou que "esta En Marea non apoiou eses orzamentos" (a pesar de que dos cinco deputados de En Marea no Congreso, só unha votou en contra deste proxecto, seguindo as directrices marcadas desde a dirección).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Xan d

Agora pódese lexislar en quente...

2 Dicus

Reclaman a "súa" morte digna? A deles, a de "en marea"? Por min, no problem...

1 LOSKO JONES

Non habían ninguén no público?

1 Bernal Calvo Delaciga

Non fai falla. poden inventar o público, como inventaron os votos nas primarias que "gañaron".