Feijóo chama á unión do voto no PP como "única forma" para "evitar un Goberno de Sánchez e os seus socios"

O voto "ten que ser máis útil que nunca", di o presidente do PPdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2019 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que unha maioría ampla no Partido Popular é "o que precisa Galicia" e "o que é bo para España" e que, deste xeito, "haberá máis xestión, máis oportunidades, máis emprego e menos impostos".

Feijóo.
Feijóo.

Por iso, nun mitin en Burela (Lugo), apelou á unión nas urnas "para conseguir así unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado" e "evitar un Goberno de (Pedro) Sánchez e os seus socios".

Segundo o líder do PPdeG, para que o 28 de abril sexa "unha oportunidade para Galicia e non un problema", o voto "ten que ser máis útil que nunca" para que desta forma goberne "un partido e un presidente aos que lles importen Galicia e España".

Ao seu xuízo, é "na unión das forzas como se consegue un goberno como o galego, que goberna e co que Galicia crece, crea emprego, incrementa as súas políticas sociais, cumpre os compromisos e aproba, ano a ano, os orzamentos", sinala o comunicado.

Así, destacou que o PP é "un valor seguro para a estabilidade e para a gobernabilidade; para a economía, o crecemento e o emprego; e para a responsabilidade".

E advertiu dos "riscos de entregar España, a través das mans de Pedro Sánchez, a nacionalistas e independentistas". Por iso, fixo fincapé en que "o que é bo para Galicia é bo para España". "O que non queremos para Galicia non podemos querelo para España, porque nos importa", remachou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta