Un informe encargado pola CIG avala que a compra pública das plantas de Alcoa

Di que é é "conforme" ao dereito comunitario e remítese como "modelo" a seguir a un acordo do goberno italiano por unha antiga planta da multinacional en Sardeña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/04/2019 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Un informe elaborado polo profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC), Carlos Aymerich, e encargado pola CIG, conclúe que a adquisición pública das factorías de Alcoa na Coruña e Avilés (Asturias) --sobre as que pesa unha ameaza de peche-- é "conforme" ao ordenamento constitucional e legal español e tamén ao dereito comunitario.

Así o explicou, en rolda de prensa, o autor do informe, xunto ao secretario xeral da CIG, Paulo Carril; o secretario comarcal do sindicato na Coruña, Xabier Filgueira; e delegados da CIG na factoría coruñesa. Aymerich explicou que existen dúas vías desde o punto de vista do dereito comunitario: unha adquisición en condicións de mercado, que non esixiría autorización previa por parte da Comisión Europea, e outra, sen atender a estas condicións do mercado, polo que sería "unha axuda do Estado" e si requiriría esta autorización.

No primeiro caso, a decisión debe estar baseada na rendibilidade económica da operación, aínda que admite, segundo expuxo o autor do informe, certas matizacións como o contexto social, ambiental ou sectorial e o investimento nun sector estratéxico cunha rendibilidade a medio e longo prazo.

No segundo, a adquisición das fábricas da Coruña e Avilés sería considerada como unha axuda pública de reestruturación polo que, nese caso, debería estar supeditada á aprobación dun plan.

UN EXEMPLO, EN SARDEÑA

"Non se avoga por nacionalizar senón porque haxa unha adquisición pública que pode ser parcial para garantir a continuidade", expuxo Aymerich que se remitiu ao caso da planta de Alcoa en Portovesme, en Sardeña, cuxo peche se consumou en 2014 sen aparecer investidores. No entanto, foi aprazado o seu desmantelamento ata 2016 tras o interese dunha empresa suíza.

"No caso de Sardeña, o Estado italiano adquírea --a fábrica-- e véndea á empresa suíza cunha participación no capital do goberno italiano, do autónomo de Sardeña e un 5% en mans de traballadores". "Este podería ser o modelo", asegurou Aymerich, quen considerou posible unha "implicación máis activa" do Goberno e da Xunta para garantir a continuidade das fábricas de Alcoa na Coruña e Avilés.

O ESTATUTO, UN "BLUFF"

Sobre este informe, que remitirán á Xunta e ao Goberno central, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, incidiu en que "avala a legalidade dunha adquisición transitoria da propiedade das fábricas a través da SEPI e que, mentres, búsquense compradores".

E é que para Carril a mesa industrial constituída polo Goberno, comunidades autónomas, Alcoa e comités de empresa, "fracasou na procura dunha solución definitiva" para ambas as plantas. Mentres, Xullo Moskowich, representante da CIG no comité de Alcoa na Coruña, considerou "posible a solución italiana" nesta fábrica e na de Avilés.

"Non nos fiamos", dixo, á súa vez, sobre os posibles investidores que estarían interesados na planta coruñesa. Respecto diso, cualificou como un "bluff" o estatuto de consumidores electrointensivos e reclamou unha regulación do sector enerxético "acorde ás necesidades" destas empresas.

O PP, "RESPONSABLE"

Mentres, preguntado polas declaracións do presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, na que defendeu que o goberno de Mariano Rajoy ofreceu "solucións" ás plantas coas poxas eléctricas, Moskowich dixo que o PP, tanto a nivel estatal como autonómico, "ten a súa responsabilidade" ao remontar o inicio dos problemas a 2012.

"Quen provocou esta situación foi o Goberno do PP, e quen é incapaz de resolvelo e ten atragoado este problema é o PSOE", expuxo, á súa vez, Paulo Carril.

Imaxe da manifestación de Alcoa na Coruña.. M. DYLAN - EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe da manifestación de Alcoa na Coruña.. M. DYLAN - EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta