A Xunta adquirirá inmobles abandonados nas zonas vellas de Betanzos, Ferrol, Ribadavia, Ourense e Tui

Pagará 1,5 millóns de euros para proceder á súa rehabilitación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Xunta adquirirá inmobles abandonados ou semiabandonados nos centros históricos de Betanzos, Ferrol, Ourense, Ribadavia e Tui, por un importa inicial de 1,5 millóns de euros para proceder á súa rehabilitación.

Casco vello de Betanzos
Casco vello de Betanzos | Fonte: turismo.gal

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convocará un concurso público publicado este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) no que os propietarios interesados poderán ofrecer os seus inmobles se reúnen as características referidas na resolución.

Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, esta actuación enmárcase no programa 'Rexurbe', co que o Goberno galego traballa en recuperar zonas vellas de diferentes municipios e dar continuidade á oferta realizada en 2018, cando se compraron 26 inmobles de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense.

As propiedades deben estar situadas nos ámbitos delimitados polo propio IGVS dentro dos cascos de Betanzos, Ferrol, Ourense, Ribadavia e Tui, nos ámbitos que recolle a resolución publicada no DOG.

Estas vivendas deberán reunir condicións óptimas de habitabilidade, poderán albergar polo menos unha vivenda por piso cun mínimo de dúas estancias que cumpran as condicións dimensionales establecidas na lei, ter unha fachada dun mínimo de catro metros e non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta